Remataron en Porto do Son os traballos para remodelar o andar baixo do Consistorio

29 Decembro 2021

Coa recta final de ano, remataron en Porto do Son as obras recentes de remodelación do Consistorio, impulsadas polo Concello e centradas no andar baixo do inmóbel, onde foi habilitada a oficina de atención do cidadán e na que puideron ampliarse as dependencias da Policía Local. Amais, achegáronse uns baños libres de barreiras que garanten o seu uso entre as persoas con outras mobilidades. No andar baixo a cidadanía tamén poderá atopar a sede do Rexistro Civil.

O resultado da remodelación recente no Consistorio nunha imaxe de El Correo Gallego

A contía total empregada para esta remodelación foi de 145.000 euros e veu financiada por Vicepresidencia da Xunta. Amais de mellorarse a habitabilidade, a funcionalidade e a accesibilidade, tamén se fixo fincapé en optimizar a eficiencia enerxética, trocando o sistema de calefacción e alumeado por outro máis sustentábel, ao tempo que foi fortalecido o illamento térmico.

Estes traballos súmanse aos desenvolvidos recentemente no segundo andar para acubillar as dependencias de Servizos Sociais (traballos que viñeron cunha contía de 60.000 euros e abrangueron a reforma integral das oficinas onde até datas recentes tiñan a súa sede de operacións os axentes da Garda Civil). Co inicio do novo ano está previsto licitar o proxecto para o cambio da cuberta e mellorar a accesibilidade na entrada do inmóbel.

Outros artigos

Minuto de silencio no Son polas vítimas de Urda

O Concello do Porto do Son acolleu onte a celebración dun minuto de silencio en homenaxe ás vítimas do tráxico accidente ferroviario de Urda. O Goberno e a Corporación do municipio adheriuse ao minuto de silencio convocado pola Federación Española de Municipios y...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.