“Clarificar os por que de cada quen na pesca de fondo”. Antón Luaces

01 Outubro 2022

Que políticamente non existe concordancia entre o Goberno central e varias comunidades autónomas (entre estas Galicia) é tan evidente, que algo tan enrevesado para o sector pesqueiro como é o regulamento 2022/1614 da Comisión Europea sobre a pesca de fondo ou a pesca en augas profundas nen sequera deixa claro para o sector se ten a razón a Comisión, o Goberno ou as citadas comunidades autónomas no que a aplicación desas medidas significa arestora ou pode significar nun futuro inmediato.

Partindo do feito de que a maioría deste sector considera que o veto ás artes de fondo por parte da Comisión Europea carece dun apoio científico sólido, contundente na súa exposición, o certo é que para o Goberno central non hai decisión tomada oficialmente sobre pedir a suspensión  dese veto. E mesmo minimiza o impacto deste que, para o Ministerio de Pesca, será mínimo inicialmente. Manda chover na Habana!.

A Xunta de Galicia ten unha outra cor no cristal da súa óptica: ese veto vai significar un  custo de 816 millóns de euros e afectará a máis de 4.000 tripulantes de algo máis de 200 pesqueiros con base en portos galegos.

Quen me compra un lío?.

Ou, dito doutro xeito: quen oculta datos verdadeiros do trasfondo deste regulamento que debe entrar en vigor o vindeiro 9 de outubro?. Por que dubida o Ministerio de Luis Planas á hora de pedir a suspensión que a España mariñeira e pescadora esixe?. Por que as organizacións ecoloxistas están tan satisfeitas, que connivencias hai entre elas e a Comisión na que o eurocomisario Sinkevicius fai e desfai para, ao final, dicir que si hai evidencias de erros na apreciación aínda se pode corrixir o texto do devandito Regulamento?. Cando?. Hai tempo acaso para tal corrección a menos de dúas semanas da súa vixencia ou sabe xa o eurocomisario que un recurso ben fundamentado por parte de España, Portugal, Francia e Irlanda diante do Tribunal de Xustiza da UE tumbará ese seu regulamento estrela?. A que se xoga en Bruxelas e Estrasburgo? . Por que afogan ao sector pesqueiro que tan importante papel desempeña nos países atlánticos europeos cando xa non está na UE a forza do Reino Unido e Alemaña está perdida para a causa?. É a carencia de Estados membros con intereses na pesca o que fai que a CE con Sinkevicius -absoluto descoñecedor do que é a pesca- diante o que sementa ruina e discordia en catro socios da UE do calibre dos xa citados Francia, Portugal, Irlanda e España?.

Hai alguén máis cas organizacións medioambientalistas que empurre a Sinkevicius a ese cavorco do que non vai poder sair se non é para prestar servizos ás devanditas organizacións nun futuro non lonxano?.

Pode explicar alguén a indefinición neste penoso asunto do ministro español  de Pesca?,

É evidente que aquí cada quen xoga un papel ben distinto que, con seguridade, sería outro se Madrid tivera mar e pesca con Ayuso por diante.

Outros artigos

“A vivenda” – José Manuel Pena

É un ben de mercado para o negocio particular ou un dereito básico, fundamental e humano, como pode ser a educación, a sanidade, a prestación por desemprego ou a xubilación? A vivenda, en Galicia e no resto de España, continúa sendo un negocio e un ben de...

+

“A forza da gratitude”. Luís Celeiro

Daquela, hai algo máis de cincuenta anos, algúns dos aldeáns e aldeás das aldeas de Lugochegaban ao Instituto para abrir as portas do futuro, pechadas a cal e canto para os fillos daMariña, para os das montañas da Fonsagrada, dos Ancares, do Courel e da Lóuzara...

+

“Pedir perdón, el valor de la palabra” – Manuel Domínguez

Se les pide que pidan perdón, (no se para que), que manifiesten un acto de fe, que se arrepientan, se le pide lo que ya se sabe que no se obtendrá. Yo personalmente en el juego del circo político, pediría mil perdones , si ello le satisface, al fin de cuentas, nada va...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Alonso Montero”. Xulio Xiz

“Alonso Montero”. Xulio Xiz

Desde o cumio dos 95 anos, as letras e a fala contémplannos, testemuñan coñecemento e ansia de espallalo, conciencia e vitalidade intelixente. Moitos pensabamos que era lucense de raiz, e resulta selo sen esquecer a orixe rural ourensá, porque en Lugo...