A VIII Carreira Popular Concello de Rianxo virá cun percorrido de 10 quilómetros polas mellores paisaxes do termo municipal

25 Outubro 2022

Este martes 25 de outubro celebrouse a presentación da VIII Carreira Popular Concello de Rianxo. Ao acto asistiron o alcalde Adolfo Muíños e Fátima Cachafeiro, responsábel da Mancomunidade Barbanza Arousa. Segundo confirmaron, a cita deportiva será o 1 de novembro. Contará coa organización do Concello de Rianxo e a colaboración do Club Atletismo Rianxo.

A carreira está integrada no V Circuíto de Carreiras Populares Arousa Norte, no VIII Circuíto de Carreiras Populares da Deputación da Coruña e no calendario da Federación Galega de Atletismo.

Muíños sinalou que será un percorrido de 10 quilómetros que amosará “as mellores paisaxes de Rianxo para que todas as persoas participantes, sexan locais ou de concellos limítrofes, gocen correndo á beira do mar, que sempre ten un encanto engadido”. O rexedor tamén quixo salientar a importancia do coñecemento da bisbarra a través da práctica deportiva.

600 inscricións

A día de hoxe, hai preto de de 600 inscricións e a previsión é chegar a cifras semellantes ás das edicións pasadas, arredor dos 800 ou 1000 participantes.

As inscricións poderanse formalizar na páxina web emesports.es ata o vindeiro luns 28 de outubro a 23:59, así como consultar toda a información.

O alcalde, despedíase animando a todas e a todos os rianxeiros “a que participen neste evento, sexa correndo ou como público, animando a todos os atletas participantes”.

Por outra banda, Fátima Cachafeiro puxo o foco na “importante colaboración” entre a Mancomunidade e os diferentes concellos para que o circuíto de Barbanza Arousa sexa “un referente no ámbito autonómico”. Tamén resaltou que, este ano, e trala ausencia da proba pola pandemia, o numero de participantes no circuíto é superior a anos anteriores.

Categorías

Xoubas H/M 2017-2018-2019. 3 saídas, agrupadas por ano de nacemento.

Sardiñas H/M 2015-2016.

Sub 10 H/M 2013-2014.

Sub 12 H/M 2011-2012.

Sub 14 H/M 2009-2010.

Sub 16 H/M 2007-2008.

Sub 18 H/M 2005-2006.

Sub 20 H/M 2003-2004.

Sub 23 H/M 2000-2001-2002.

Sénior H/M de 1988 ata 1999.

Máster 1 H/M de 1982 ata 1987.

Máster 2 H/M de 1972 a 1981.

Máster 3 H/M de 1962 a 1971.

Máster 4 H/M de 1961 e anteriores.

Sapatilla inclusiva: categoría única absoluta para persoas con diversidade funcional.

Saída e chegada na praza Castelao.

Establécense 4 percorridos, aos que se darán as voltas indicadas na táboa de distancias.

Percorrido amarelo: 100 m

Percorrido verde: 500 m

Percorrido azul: 750 m

Percorrido vermello: 3.333 m

A retirada dos dorsais e dos chips será na praza Castelao o mesmo día da proba a partir das 9:00 h e ata o inicio desta. Os participantes no Circuíto de Carreiras Populares Arousa Norte 2022, terán que recoller un dorsal novo de competición en cada proba, incluída esta, co cal terán que competir.

Premios

A clasificación e os premios do circuíto regúlanse no Artigo 7 do Regulamento do V Circuíto de Carreiras Populares Arousa-Norte.

Na Carreira Popular Concello de Rianxo outorgaranse as seguintes medallas: medallas para todos os participantes (ata fin de existencias) nas categorías Xoubas, Sardiñas, Sub 10, Sub 12, Sub 14 e Sub 16.

Respecto dos trofeos, haberá trofeo para os tres primeiros/as corredores/as en cruzar a liña de meta na proba absoluta, tanto en categoría feminina coma masculina. Tamén haberá trofeo aos tres primeiros clasificados de cada categoría feminina e masculina e para o club con máis participantes. O Trofeo Xosé Neira Hermida irá dar ao primeiro e primeira corredor ou corredora local.

Os tres primeiros/as corredores/as en cruzar a liña de meta na proba, tanto na categoría feminina coma na masculina, recibirán os seguintes premios: 1º: 150 €, 2º: 100 € e 3º: 50 €.

As persoas participantes nas categorías Sub 18, Sub 20, promesa Sub 23, sénior e máster recibirán un agasallo técnico.

Outros artigos

Palmeira acolle este sábado o Campionato Galego Absoluto de Taekwondo

Este sábado 14 de decembro disputarase o Galego Absoluto no Pavillón Torres Colomer de Palmeira (Ribeira). Trátase dunha cita deportiva de primeira liña que recolle aos mellores taekwondistas da nosa comunidade e que, segundo avanza a organización, deparará aos...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Fiscal y la corrupción”. José Castro López

“El Fiscal y la corrupción”. José Castro López

José Castro LópezLa semana pasada “enriquecí” mi carpeta de noticias raras y curiosas incorporando unanueva que, si me la cuentan y no la veo publicada en medios serios, no la hubieracreído: “El Fiscal General del Estado y el ministro presidente de la Comisión Federal...