A popular Ana García Vidal di que as contas autonómicas están pensadas para o impulso social e económico do Barbanza

21 Outubro 2022

A deputada autonómica do Partido Popular, Ana García Vidal, fixo balance este venres 21 de outubro dos orzamentos presentados pola Xunta de Galicia en relación á nosa comarca, uns orzamentos que, segundo dixo, “reafirman o compromiso do Goberno Autonómico con todos os concellos da comarca do Barbanza”.

Co obxectivo de incrementar o investimento, mellorar os servizos públicos, reducir os impostos e diminuír a débeda, García Vidal destacou “que o orzamento máis alto da historia de Galicia -12.620 euros- permitirá incrementar o gasto social ata os 9.368 millóns de euros e situar a partida destinada a investimento en 2.700 millóns, un 8,5% máis que no presente exercicio do ano 2022”.

Neste sentido, a popular incidiu tamén en que “a diminución da carga fiscal que se recolle nas contas autonómicas axudará ás familias galegas a facer fronte á alza dos prezos, especialmente, ás rendas máis baixas, coa deflación do tramo autonómico do IRPF”.

E engadiu: “Estamos antes unhas contas pensadas para as familias, para incrementar o aforro e a eficiencia enerxética, impulsar a dinamización económica, fortalecer a protección del medio ambiente e reforzar os servizos públicos”.

Aposta por todos os municipios

A nivel local, a deputada autonómica fixo fincapé “na aposta do Goberno autonómico por mellorar o sistema de abastecemento e saneamento de auga en toda a comarca”, recollido no compromiso de investir 2 millóns de euros en Noia, 1,3 millóns no Concello de Porto do Son –parroquia de Queiruga-, 300,000 euros en Noia e 150.000 euros no novo sistema terciario na EDAR da Pobra do Caramiñal. A todo iso, engadiu, a Xunta de Galicia sumará tamén 2,8 millóns para mellorar o sistema de abastecemento na marxe dereita da ría de Arousa.

“Trátase de actuacións que son fundamentais para a mellora da vida dos veciños de todos estes municipios e, ademais, estamos a falar de investimentos estratéxicas e moi demandadas polos alcaldes destes concellos”, explicou a popular.

En materia de portos, a deputada lembrou que o Executivo autonómico destinará un total de 2.4 millóns de euros que incluirán a posta marcha e a continuación de proxectos como a reposición da cuberta e acondicionamento da lonxa de Muros -224.000 euros-; a nova nave de redes en Porto do Son – 447.500 euros- a construción do departamento para usuarios, tamén neste municipio, por valor de 302.500 euros; a mellora de abrigo e ampliación de atraques en Portosín -205-700 euros-; o acondicionamento da lonxa e o edificio da confraría de Porto do Son – 133.100 euros, e unha actuación similar na lonxa de Portosín por valor de 121.000 euros.

Amais, recordou que Ribeira recibirá 567.000 euros para a mellora da mobilidade e a accesibilidade no contorno do porto de Palmeira, e o Concello de Carnota disporá de 310.000 euros para o acondicionamento da lonxa de Portocubelo (Lira).

Investimento en Sanidade

No que fai referencia ao apartado de sanitario, lembrou que a Xunta de Galicia “destinará 200.000 euros que permitirán seguir traballando na licitación do proxecto para a ampliación da área de hospitalización non hospital do Barbanza”, unha vez terminada reforma da área de endoscopias no que o Goberno galego investiu preto de 600.000 euros. Este mesmo centro recibirá tamén 407.777 euros cos que renovar un dos seus TAC.

As contas tamén recollen unha partida de 500.000 euros para licitar os proxectos que permitan a construción dun novo centro de saúde en concellos como Ribeira ou Porto do Son, e tamén reflicten os 4.5 millóns de euros para seguir coa construción da residencia de maiores de Ribeira.

Por último, a deputada autonómica destacou tamén a inclusión de partidas como a de 662.670 millóns de euros dirixida a financiar as obras do Auditorio de Ribeira, os 262.673 euros para a mellora do bordo da praia de O Cruceiro (Porto do Son), os 125.000 euros para as melloras na planta de transferencia de Boiro, e os 1,5 millóns de euros da variante de Ribeira.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Fiscal y la corrupción”. José Castro López

“El Fiscal y la corrupción”. José Castro López

José Castro LópezLa semana pasada “enriquecí” mi carpeta de noticias raras y curiosas incorporando unanueva que, si me la cuentan y no la veo publicada en medios serios, no la hubieracreído: “El Fiscal General del Estado y el ministro presidente de la Comisión Federal...