A Pobra afonda no mundo micolóxico por sexto outono consecutivo

26 Outubro 2022

A Pobra do Caramiñal vivirá durante este outono as VI Xornadas Micolóxicas para lle achegar á cidadanía coñecementos básicos sobre esta rama da bioloxía que estuda os fungos. No acto de presentación celebrado este mércores 26 de outubro participaron o alcalde, Xosé Lois Piñeiro (Nós Pobra); a concelleira do Medio Ambiente, Genoveva Hermo (Nós Pobra); e a técnica municipal desta área, Beatriz González.

O programa arranca no 2 de novembro coa entrega de guías micolóxicas elaboradas por MycoGalicia Plantae a alumnado de terceiro curso do CEP Salustiano Rey Eiras e do CEP Pilar Maestú Sierra. Xa pola tarde, ás 20.30 horas, ofrecerase no Auditorio do Museo Valle-Inclán a conferencia Introdución á micoloxía.

O apartado dos simposios terá continuidade no venres 4 coa charla A importancia ecolóxica e ambiental dos fungos. A recuperación de terreos incendiados, a partir das 20.30 horas, na referida instalación municipal. A asociación medioambiental AMABUL impartirá ámbolos coloquios.

A carballeira da Silva será o escenario dunha actividade familiar no sábado 5, de 15.00 a 18.00 horas. O obradoiro Os cogomelos como recurso ambiental e pedagóxico está dirixido a crianzas ata 12 anos, que deberán estar acompañadas dunha persoa adulta.

O traballo de campo de extracción chegará o domingo 6 cunha visita guiada aos Forcados. O traslado efectuarase en vehículos particulares coa saída estipulada nas 10.00 horas. E, posteriormente, como xa é tradición, o Mercado Municipal acollerá a partir das 13.00 horas unha exposición de cogomelos, a entrega dos premios ás persoas gañadoras do VI Concurso Fotográfico de Micoloxía e unha degustación gastronómica a cargo de Gastrolab Arousa.

A maiores, a Casa da Cultura e Xuventude Raquel Fernández Soler dará cabida durante a primeira quincena do mes de novembro a unha mostra composta polas instantáneas gañadoras do concurso fotográfico en anteriores convocatorias. A sala permanece aberta de luns a venres, en horario de 11.00 a 13.30 e de 17.00 a 20.00 horas.

O Concello lembrou que esta noite pecha o prazo de participación no certame que repartirá un total de 750 euros en premios mediante vales de compra a empregar no comercio local.

Todas as actividades son de balde e requírese a inscrición previa para o obradoiro familiar, a saída ó campo e a degustación a través do enderezo electrónico apobra.micoloxia@gmail.com.

Outros artigos

Ribeira presenta un Maio Cultural cheo de propostas diversas

O Concello de Ribeira presentou o programa do Maio Cultural 2025, que organiza a Concellería de Cultura de Ribeira en colaboración coas áreas de Educación e Normalización Lingüística. Na cita cos medios estiveron presentes Antía Alberte, concelleira de Cultura e Cruz...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Ruido de fondo, de Alfredo Conde”. Alberto Barciela

“Ruido de fondo, de Alfredo Conde”. Alberto Barciela

“No empiecen a leer si creen que estas líneas son las del comienzo de una historia. Este no es el comienzo de tal cosa. Tampoco lo es de unas memorias. Ni siquiera es una evocación. Estas líneas tratan tan solo de una brisa que pasa. Las brisas pasan. Se suceden unas...