A Deputación financia con 48.000 euros a mellora do parque infantil da avenida de Castelao, en Muros

25 Outubro 2022

A Deputación da Coruña anunciou que vai destinar 48.402,96 euros para financiar o proxecto para mellora do parque infantil situado entre a avenida Castelao e a enseada do concello de Muros, que conta cunha superficie total de 1.200 metros cadrados.

O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, e a alcaldesa Inés Monteagudo, asinaron o convenio polo que a administración provincial aportara 48.402,96 euros, o 80% do orzamento total da obra, que ascende a 60.503,7 euros. O acto contou tamén coa asistencia do deputado de Contratación, Xosé Lois Penas.

A actuación inclúe o acondicionamento das zonas verdes, a reparación do valado perimetral de madeira, do pavimento de caucho nas zonas nas que está estragado e dos xogos infantís que se manteñen, a montaxe a maiores de tres xogos de resorte individuais, dous sube-baixa e un equipo combinado, a instalación de cinco bancos de madeira como os existentes, a substitución da iluminación por tecnoloxía LED e, por último, o cambio da situación do acceso norte mediante unha nova disposición do valado.

O tempo estimado de duración dos traballos desde o seu inicio é de dous meses.

Outros artigos

Noia legaliza o seu Punto Limpo

O Concello de Noia vén de culminar o proceso de legalización do Punto Limpo municipal, poñendo fin a unha situación administrativa que segundo lembrou o Goberno local, “víase arrastrando desde hai anos”. A legalización constitúe “un paso importante para mellorar a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.