A coordinadora CEMMA impartirá na Pobra unha actividade de simulacro de rescate de tartarugas e mamíferos mariños

17 Outubro 2022

A Concellaría do Medio Ambiente da Pobra do Caramiñal, da cal é titular a edil Genoveva Hermo (Nós Pobra), organiza para o vindeiro 23 de outubro unha actividade de simulacro de rescate de tartarugas e mamíferos mariños impartida por persoal especializado da Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA).

Desenvolverase na praia dos Areos, na súa parte próxima ao peirao flotante (pantalán) dende as 11.00 ata as 13.00 horas. En caso de chuvia, trasladarase á Casa Mariñeira, situada nas inmediacións do parque do Castelo.

O obxectivo desta acción é instruír sobre como actuar ante un animal varado, expoñer as especies que se poden ver nesta situación e as características das tartarugas, lobos mariños e cetáceos.

Aberta a toda a cidadanía, resulta preciso anotarse de balde no enderezo electrónico cemmasolicitud@gmail.com.

Outros artigos

Dous prestixiosos espectáculos de danza chegan á Pobra polo Nadal

A Concellaría da Cultura da Pobra do Caramiñal organiza dous espectáculos de danza na localidade con motivo do Nadal 2024. "As artes escénicas son a pedra angular da axenda cultural da Pobra do Caramiñal nestas datas tan significativas con tanta vitalidade no noso...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión