Un ano máis a Carpa Municipal de Usos Múltiples situada fronte ao mercado municipal vai dar cabida a un conxunto de actividades para festexar o Samaín da man da Asociación Alfaia en colaboración co Concello, todas elas con entrada gratuíta.
O calendario de actividades prolongaranse entre o domingo 30 de outubro e o martes 1 de novembro, e incluirán as seguintes accións:
Un gran espectáculo de baile a cargo de Alfaia o domingo ás 18 horas.
Unha exposición de monstros e personaxes do Samaín o luns e o martes de 17 a 21 horas.
Un obradoiro de castañas o luns de 17 a 19 horas.
E un obradoiro de maquillaxe o martes de 16 a 19 horas.
A asociación Alfaia presidida por María Carmen García Torrado leva xa anos organizando estas actividades en conxunto coa Concellería
de Cultura que dirixe María José Sampedro Fernández, dende as dúas entidades agardan grande afluencia de público agora que xa non hai restricións pola covid e que a xente se anime a acudir aos
obradoiros e a exhibición de baile así como á exposición de cabazas decoradas e personaxes terroríficos como a Santa Compaña, meigas, trasnos, diaños, mortos viventes, fantasmas e un longo etcétera.