“Viaxar a Bruxelas e convencer ao PP europeo para non ser cómplice no veto ao arrastre”

17 Setembro 2022

A decisión da Comisión Europea de aplicar medidas que, na práctica, conducen á pesca de arrastre de fondo á súa desaparición, está a dar motivos máis que dabondo para o cabreo cando non, como mínimo, para o enfrontamento dialéctico entre os partidos políticos, especialmente en  Galicia onde o secretario de Organización dos socialistas galegos, José Manuel Lage Tuñas, esixiu ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda, que viaxe a Bruxelas para convencer ao PP europeo -que ten a maioría no seo da devandita Comisión- para que se retire “un Regulamento tan prexudicial para a frota galega” (obviamente, a frota de arrastre de fondo nas súas distintas modalidades). Lage Tuñas advertiu tamén ao presidente do goberno galego que, de non facelo así, ía converterse en cómplice da decisión que prohibe esa pesca de arrastre.

José Manuel Lage Tuñas é un político galego cocido xa en mil batallas municipais, provinciais e autonómicas. Da e recibe. E non dubida moito cando ten que se meter en fariña, sexa ou non esta da súa saqueta. Desta vez a dun sector, o pesqueiro, que non resulta descoñecido para el. Por esto, precisamente, e sabedor da liorta na que entraba, puxo dediante á Xunta para deixar claro que, ao seu criterio, esta “non fixera nada” para defender ao sector pesqueiro galego diante dunha norma que atenta contra os seus intereses.

Para Lage, o presidente da Xunta actúa coma un  “presidente silente”, fronte a quen, como é o caso do secretario xeral do PS de G-PSOE, Valentín González , foi quen de acadar o compromiso do Comisario de Medio Ambiente, Océanos e Pesca de revisar o veto ao arrastre si se aportan informes científicos que así o acrediten.

Evidentemente, Lage Tuñas, no seu papel de defensor dos intereses do seu partido político, remou a prol do presidente do Goberno -tamén secretario xeral do PSOE- quen, en sintonía co goberno francés, dixo, amosou o seu malestar polo Regulamento , anunciando a máis a inclusión dun punto, para o vindeiro Consello de Ministros de Agricultura e Pesca, co obxectivo de revisar esa normativa.

Lage Tuñas non falou do ministro de Agricultura do Goberno español e  tampouco o fixo da secretaria xeral de Pesca deste Ministerio, voces ás que se supón un gran valor nas instancias comunitarias de Pesca. Polo menos tanto como as dos lobbys ecoloxistas que, tamén en Bruxelas, se fan escoitar con tanta ou máis forza que os representantes do Executivo español. Deste, que preside como é sobradamente coñecido o socialista Pedro Sánchez, como os anteriores. Porque España, dende o seu acceso á Unión  Europea, non se ten significado precisamente pola súa defensa dun sector tan íntimamente vinculado a Galicia como é o da Pesca. Hei dicir tamén que descoñezo o valor da aportación feita a Francia por España para obter o beneplácito do eurocomisario de Pesca de cara a revisar ese veto si as circunstancias así o demandan, que é dicir tanto tanto como non comprometerse a nada.

Así calquera. Máxime, sen ter que viaxar a Bruxelas en demanda de explicación. Porque a resposta do eurocomisario Sinkevicius xa se pode adiantar sen medo ao erro: non hai informes que xustifiquen a retirada do Regulamento de pesca de fondo.

Cando tal pronunciamento sexa efectivo, moi probablemente nin PP, nin PSOE van culpar á Comisión. Tampouco aos ecoloxistas.

Outros artigos

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

Soy un ciudadano de a pie, que no entiendo el organigrama gubernativo. Cierto que me siento con el derecho de considerar que los que ostentan algún tipo de cargos deberían tener los estudios oportunos, y no simplemente facilidad para comunicarse entre ellos y para...

+

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

Hay amores que mueven montañas y otros que, a juzgar por lo visto en Fuenlabrada, aspiran a mover algo más delicado: la opinión pública. Pedro Sánchez y Begoña Gómez se besan, bailan y se dedican un “Que lo escuchen, te quiero” ante los asistentes a un mitin del PSOE....

+

O servizo de Gardacostas de Galicia retira do mar 371 nasas ilegais

O servizo de Gardacostas de Galicia, dependente da Consellería do Mar, retirou 371 nasas fondeadas de xeito irregular na última semana de controis e inspeccións desenvolvidos por terra e mar na costa galega. Ademais destas artes para crustáceos e cefalópodos, o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La protesta de los estudiantes franceses”. José Castro López

“La protesta de los estudiantes franceses”. José Castro López

Francia convive cada cierto tiempo con pequeñas revoluciones o estallidos sociales que,aunque comparten escenarios, responden a causas diferentes. Recuerden la revoluciónde Mayo 68 de la que Daniel Cohn-Bendit, uno de sus líderes, dice que entonces losjóvenes eran...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.