Un mozo sáese da vía en Artes e acaba envorcado nunha leira

14 Setembro 2022
remitido

Un veciño de Carreira, saíuse esta mañá da vía na recta de Artes e acabou co seu coche envorcado nunha leira.

O mozo de 25 anos puido saír do vehículo e, só presentaba un rascazo nunha cella.

Ata o lugar acudiron GAEM de Ribeira, Garda Civil de Tráfico, Protección Civil e bombeiros de Ribeira. Tamén se desprazou unha ambulancia do 061, que se encargou de trasladalo ao hospital de Barbanza.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión