Rianxo converteuse este sábado en capital galega do xadrez

05 Setembro 2022

Este sábado 3 de setembro Rianxo converteuse ca capital galega do xadrez. Foi grazas a unha nova edición do internacional de Xadrez Concello de Rianxo, a XIII convocatoria. O evento contou coa participación de máis 200 xogadores, que desfrutaron das probas incluídas e da presenza de mestres internacionais e de dez xogadores situados por enriba dos 2.000 puntos de Elo FIDE (sistema de clasificación da forza dos xogadores da Federación Internacional de Xadrez que se obtén como resultado dos enfrontamentos entre xogadores federados). Ademais dos trofeos e dos agasallos, estaban en xogo mais de 2.000 euros en premios.

Os tres primeiros clasificados absolutos foron:

-Campión: Julio Suárez Gómes.

-Subcampión: Fernando Sanchez Aller, xogador do Club Xadrez Rianxo.

-Terceiro: Pedro Gil Ferreira Da Silva.

Desde a organización (Club Xadrez Rianxo e Área de Deportes do Concello) salientaron o éxito de participación e afluencia de espectadores e anunciaron que xa comezan a traballar na edición do ano que vén.

Na entrega de premios participaron Xusto Ordóñez, concelleiro de Deportes, e Daniel Martínez Dourado, presidente do Club Xadrez Rianxo.

Outros artigos

O mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado en Rianxo

O músico mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado 26 de setembro en Rianxo no marco das celebracións do 10.º aniversario do pasamento de Fran Pérez "Nar", co patrocinio da Deputación da Coruña. A cita será ás 20.30 horas no Auditorio Municipal, e será un concerto...

+

Volve o programa Rianxo Termal con tres novas saídas

O Concello de Rianxo, a través da Concellería de Política Social, organiza unha xeira de tres novas saídas ás Termas de Cuntis nos meses de outubro, novembro, decembro destinadas a persoas maiores de 50 anos empadroadas no noso municipio. As saídas encádranse na nova...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.