“O mar é de todos, pero os finados só doen aos propios”. Antón Luaces

28 Setembro 2022

Cara ao cumprimento dos oito meses des que o 15 de febreiro pasado afundira en augas de Terranova o arrastreiro marinense “Villa de Pitanxo” coa súa secuela de mortos e desaparecidos (que marcan este feito como o máis tráxico de cantos se teñen producido neste século) todo xira agora, como ven sendo  desde o mesmo momento no que se tiveron novas do acontecido, arredor da acción xudicial. Primeiro, porque os xuíces agardaban respostas gobernativas sobre a posibilidade de baixar ao pecio e, deste xeito, aportar máis información sobre o vivido a bordo do buque do Grupo Nores aquela noite inesquecible na que 21 homes perderon a vida no afundimento do arrastreiro e só tres poideron salvar as súas, dous deles -o patrón e máis un sobriño deste- dando unha versión dos feitos que se contradecía absolutamente coa ofrecida por un dos tripulantes estranxeiros -un mariñeiro natural da república africana de Ghana. Sen entrar decididamente nesta col tradición, a Fiscalía ven de solicitar que o naufraxio do Villa de Pitanxo sexa investigado por un Xulgado de Vigo. As familias dos mortos non entenden o recurso á decisión da Audiencia Nacional de se declarar competente na investigación do caso.

Por outra banda, o secretario xeral dos socialistas galegos, Valentín González Formoso, mantivo contacto persoal coas voceiras desas familias, algo que, ao parecer, non vai facer a ministra de Traballo, Yolanda Díaz, quen se despraza a Vilagarcía nas próximas horas para tomar parte nun foro sobre as condicións de traballo das mariscadoras. Formoso dixo apoiar a formulación das familias para que se baixe ao pecio do Villa de Pitanxo, cousa que o Goberno non acepta e, probablemente en consecuencia, a ministra de Traballo siga a liña marcada polo Executivo de Pedro Sánchez.

Canto pode perder o Goberno español atendendo a medida que demandan os deudos dos mariñeiros morto, canto podería gañar aceptando a petición familiar?.

Por que non existe aínda unha explicación á controversia manifesta das declaracións dos tres sobreviventes, como tampouco a hai para a negativa a baixar aos restos do arrastreiro afundido?. Que explicación existe ao silenzo que mantén ao respecto a compañía Nores?. Hai que fialo todo ao dictame do CIAIM (Comisión de Investigación de Accidentes e Incidentes Marítimos) , sen que ninguén máis poda aportar datos asimesmo fiables do que pasou aquel 15 de febreiro, máis aló das especulacións que circulan e que non sempre cadran co que garda, a 450 quilómetros de Terranova e uns mil metros de profundidade, o Villa de Pitanxo?.

Nada bó agardan xa os familiares dos mariñeiros mortos e desaparecidos, por máis que demandan e esixen explicación. E tampouco os profesionais do mar teñen esperanzas sobre a efectividade das accións que se levan a cabo posteriores ao afundimento do buque. Por exemplo, mediante un careo entre os tres sobreviventes que despexe as moitas dúbidas existentes sobre o acontecido.

Son 21 mortos que, a máis das súas familias, doen fondamente aos traballadores do mar. Por respecto a todos eles, alguén debería dar un paso avante a tomar decisións qwue noutras instancias se demoran.

Outros artigos

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

+

“Xosé López, un premio Diego Bernal magistral”. Alberto Barciela

Le conocí en sus andanzas en La Voz de Galicia, le seguí en sus avatares en la Facultad de Comunicación de Santiago -en una carrera muy paralela a la de Margarita Ledo o Paco Campos-, colaboré con él de forma breve en sus trabajos para el Consello da Cultura galega,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.