O Grupo Socialista denuncia os sucesivos problemas no transporte escolar nas comarcas de Barbanza, Muros e Noia

21 Setembro 2022

A deputada socialista Noa Díaz insta á Xunta a esixir o cumprimento íntegro do contrato ás empresas concesionarias do transporte escolar Santiago de Compostela, 21 de setembro de 2022. A parlamentaria do grupo socialista Noa Díaz rexistrou unha iniciativa parlamentaria para que o goberno galego esixa ás empresas concesionarias do transporte escolar nas comarcas de Barbanza, Muros e Noia que cumpran o
contrato de maneira íntegra, xa que considerou que o “desleixo” da Xunta é a causa principal do deterioro do servizo.
A deputada Noa Díaz amosou unha gran preocupación polas deficiencias do servizo de transporte escolar nas comarcas de Barbanza, Muros e Noia que están a denunciar os centros e as familias.
Son máis de 100 as denuncias comunicadas dende os centros educativos e existen comunicados de protesta por parte das anpas, como no caso de Ribeira.
A situación é máis grave dado que o contrato da nova concesión leva consigo unha mellora integral do servizo e, polo que denuncian os distintos afectados, estanse mantendo as mesmas “condicións deficitarias”. Ante isto, Díaz denuncia que a Xunta está a actuar de maneira pasiva, sen ningún tipo de supervisión.
Entre os déficits máis marcados nestas comarcas, e só por poñer algúns exemplos, a deputada do PSdeG destacou que hai días que a liña Muros-Noia-Santiago non fai o seu percorrido ou que en Ribeira denunciaran ata 55 incidencias e as anpas fixeran un comunicado conxunto.
No caso do concello de Boiro hai diversos problemas nos centros públicos, como que no CEIP Plurilingüe Abanqueiro, o transporte chega tarde á chegada, ou que algún autobús do CEIP Santa María do Castro chega moi xusto debido á saturación horaria por ter que compartir transporte co instituto, así como que no IES Praia Barraña, non conceden paradas para alumnado con discapacidade intelectual e a empresa incumpre diariamente o contrato deixando a rapaces sen recoller.
Por outra banda, a parlamentaria socialista subliñou que a normalidade que está a haber neste inicio do curso débese unicamente ao traballo dos equipos directivos dos centros, do profesorado e das familias. O mesmo conselleiro de Educación que anunciaba que este curso ía a ser “caótico”, está tratando de “apropiarse” da normalidade conseguida “a pesar da súa xestión” segundo Díaz.
Cabe destacar que a iniciativa socialista non só pide ao goberno galego que esixa o cumprimento dos contratos ás empresas concesionarias, senón que tamén busca realizar e publicar un informe de inspección de rutas, horarios, paradas e vehículos de que dispón as concesionarias para ter unha fotografía completa da solución de cara a solucionar as deficiencias.

Deputada socialista Noa Día

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Sempre respectable”. Luís Celeiro

“Sempre respectable”. Luís Celeiro

Era un rapaz coma moitos outros, coma todos os outros do seu lugar e dos outros. Choraba igual quechoran todos, cando hai que chorar, e sufría coma sofren os febles, os desamparados no mundoorganizado polos poderosos. Era loitador preparado para as inclemencias...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.