O Concello de Boiro mellorará o Mercado de Abastos e o Edificio das Colonias e dinamizará o Espazo Coworking

23 Setembro 2022

O Concello de Boiro celebrou este 22 de setembro, xoves, o pleno ordinario da Corporación correspondente ao mes de setembro, que contou coa totalidade de membros da corporación (17).

A sesión, que pode verse íntegra na canle de YouTube do Concello, saldouse coa aprobación de proxectos de gran relevancia, como o proxecto de reforma do Mercado de Abastos, a mellora da eficiencia enerxética no Edificio das Colonias ou o proxecto de dinamización do Espazo Coworking do Concello de Boiro – Lab Barbanza 22.0.

1. Aprobación definitiva, se procede, do suplemento de crédito 1/2022. Comercio: proxectos complexos – aprobado con 7 votos a favor (PSOE, Boiro Novo e non adscrito) e 10 abstencións (PP, BNG e IC Boiro).

2. Aprobación, se procede, do proxecto de reforma do Mercado de Abastos de Boiro – aprobado con 7 votos a favor (PSOE, Boiro Novo e non adscrito) e 10 abstencións (PP, BNG e IC Boiro).

3. Aprobación inicial, se procede, do crédito extraordinario 5/2022, proxectos culturais e educativos – rexeitado con 7 votos a favor (PSOE, Boiro Novo e non adscrito), 8 votos en contra (PP e IC Boiro) e 2 abstencións (BNG).

4. Aprobación inicial, se procede do crédito extraordinario 6/2022, 5 actuacións – neste punto vótanse individualmente as cinco actuacións, que foron aprobadas por unanimidade (17 votos a favor).

5. Aprobación inicial, se procede, do crédito extraordinario 7/2022. Mellora da eficiencia enerxética e a accesibilidade do Edificio das Colonias – aprobado por unanimidade (17 votos a favor).

6. Aprobación inicial, se procede, do crédito extraordinario 8/2022. Infraestruturas deportivas en colexios – aprobado por unanimidade (17 votos a favor).

7. Aprobación inicial, se procede, do crédito extraordinario 9/2022. Dotación zona verde en “A Negral” – rexeitado con 7 votos a favor (PSOE, Boiro Novo e non adscrito) e 10 votos en conta (PP, BNG e IC Boiro).

8. Aprobación inicial, se procede, do crédito extraordinario 10/2022. Abastecemento municipal de auga – aprobado por unanimidade (17 votos a favor).

9. Aprobación inicial, se procede, do crédito extraordinario 11/2022 e modificación das bases de execución do orzamento 3/2022 (subvencións nominativas) – aprobado con 15 votos a favor (PP, PSOE, Boiro Novo, IC Boiro e non adscrito) e 2 abstencións (BNG).

10. Designación de festivos locais para o ano 2023 – aprobación por unanimidade (17 votos a favor).

11. Solicitude de participación no POS + Adicional e aprobación do proxecto para a ampliación de salas de fitness no complexo deportivo da Cachada – rexeitado con 7 votos a favor (PSOE, Boiro Novo e non adscrito), 9 votos en contra (PP e BNG) e 1 abstención (IC Boiro).

12. Aprobación, se procede, do Proxecto de dinamización do Espazo Coworking do Concello de Boiro – Lab Barbanza 22.0, e solicitude de subvención á Deputación – aprobado por unanimidade (17 votos a favor).

13. Aprobación inicial, se procede, do anteproxecto de ordenanza municipal reguladora do estacionamento e pernoita de autocaravanas, vehículos camper e caravanas no concello de Boiro – rexeitado con 7 votos a favor (PSOE, Boiro Novo e non adscrito), 9 votos en contra (PP e BNG) e 1 abstención (IC Boiro).

14. Aprobación inicial, se procede, do anteproxecto de Ordenanza de circulación do Concello de Boiro – rexeitado con 7 votos a favor (PSOE, Boiro Novo e non adscrito) e 10 votos en contra (PP, BNG e IC Boiro).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...