O Concello de Boiro propón a renovación dun treito na rede de abastecemento da depuradora de auga para consumo

19 Setembro 2022

O Concello de Boiro propón para o seu debate no vindeiro pleno a aprobación dun proxecto dirixido á renovación do grupo de bombeo e primeiro tramo na rede de abastecemento á depuradora de auga para consumo. A actuación, dun importe de 208.631,84 euros, será financiada con cargo ao remanente de tesourería do ano 2021.

A actuación que se pretende levar a cabo ten como finalidade concreta “renovar a instalación de bombeo e abastecemento de auga que o Concello de Boiro ten no río Coroño á depuradora situada no Boiro de Arriba”. A solución que aborda este proxecto é a execución dunha primeira fase das obras de reposición da tubaxe de abastecemento e a renovación do seu grupo de bombeo.

O Concello explica que o sistema de abastecemento do Concello de Boiro consta de tres puntos de subministro: bombeo dende o río Coroño, fervenza de Cadarnoxo e río Ulla. O proxecto que se propón para a súa aprobación contempla a renovación dunha primeira fase, a de bombeo dende o río Coroño, onde se fai a captación de auga por gravidade ata o pozo da sala de bombas.

Dende o Goberno local engaden que a instalación é “de antiga construción, con tubaxes de fibrocemento que esgotaron xa a súa vida útil e que se atopan nun estado de deterioro, sufrindo roturas de xeito periódico e provocando fugas na instalación que chegan a deixar sen abastecemento de auga a boa parte do municipio”.

As actuacións propóñense para o seu debate e aprobación no vindeiro pleno para ser financiadas con cargo ao remanente de tesourería do ano 2021.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...