O BNG exixe á Xunta que presente recurso propio ante a prohibición da pesca de arrastre

28 Setembro 2022

 A portavoz nacionalista de Pesca, Rosana Pérez, exixiu á Xunta no Parlamento que deixe de botar balóns fóra e exerza como o Goberno galego que é presentando de xeito inmediato un recurso propio ante a decisión de Bruxelas de prohibir as artes pesqueiras de fondo, independentemente do recurso que poida presentar o Goberno estatal.

Pérez recriminou así á conselleira de Pesca durante a súa comparecencia no Parlamento que condicionase a presentación do recurso da Xunta só no caso de que non o presente o Goberno do Estado. “Vostede, señora conselleira, é a ministra de Pesca deste País, a máxima responsable e vostede é a que ten que estar á fronte, liderar e encabezar a loita contra esta gravísima decisión e non ir a rebufo”, reprochou con rotundidade, para afearlle a continuación que o Executivo galego leve meses anunciando a presentación dun recurso que nunca fixo efectivo.

A deputada nacionalista criticou ao Goberno do PP que “diga por un lado e faga por outro” e recordou que, ademais de non presentar o recurso que anunciou en reiteradas ocasións, se negue a convocar o Consello Galego de Pesca para organizar unha fronte común e unha resposta unitaria do sector do mar e do tecido social do País diante deste “grave golpe” que supón a prohibición da pesca de fondo e que, segundo enumerou, afecta directamente a 106 barcos de capital galego no Gran Sol, a 101 do denominado “caladoiro nacional” e indirectamente a arredor de 400 barcos de artes menores afectados na Coruña, outros tantos en Pontevedra e 70 en Lugo.

“Non creo que nin vostede, nin eu, nin ninguén esteamos nin a milésima parte de afectados e afectadas que están todas as persoas que van ter que vir para a casa, nin a milésima parte que os mariñeiros, os patróns, os armadores, as lonxas e os concellos que están verdadeiramente afectados”, díxolle á titular de Pesca logo de recordarlle que mentres ela mesma “se laiaba e criticaba a decisión de Bruxelas”, o presidente da Xunta estaba anunciando en rolda de prensa, “sen ningún tipo de sensibilidade e como se non pasase nada no sector pesqueiro”, a primeira plataforma eólica mariña enfronte da Coruña “sen o respaldo do sector e sen o aval do Observatorio Galego de Pesca”.

De igual xeito, Pérez reprochou que o grupo parlamentario do PP rexeitara a proposta de declaración institucional do BNG en defensa do sector pesqueiro galego ante a decisión comunitaria e que, “recibindo ordes da consellería”, pretendese cambiar o texto da proposta nacionalista polo manifesto do Consello Galego de Pesca no que se loa “unha política pesqueira común que é a que precisamente nos trouxo ata aquí, precisamente a este momento no que estamos”. “Unha cousa é este manifesto e outra a defensa do sector e estar en contra da decisión da Comisión Europea”, concluíu.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...