“Liberdade e igualdade” – José Manuel Pena

07 Setembro 2022

Machismo, igualdade, familia, independencia económica, relacións de igualdade, teito de cristal, prostitución, pobreza, violencia machista, feminismo, explotación, indignación, xustiza social …, son algúns adxectivos utilizados frecuentemente no libro Oito olladas sobre a folga feminista do 8 de marzo, por parte dunha empresaria, unha fotógrafa, unha estudante, unha xuíza, unha matrona, unha escritora, unha estudante e unha xornalista que escriben sobre a súa experiencia persoal nas mobilizacións do Día Internacional da Muller.

Millóns de mulleres toman as rúas, cada ano, en moitas cidades e pobos de España, con indignación e con determinación, con alegría e con rebeldía, reivindicando uns dereitos que aínda están lonxe de ser unha realidade. É unha revolución imparable e esperanzadora. Non pode nin debe darse un paso atrás polo ben da sociedade.

Na publicación, unha xuíza, referíndose a a liberdade e á igualdade das mulleres afirma que “só a través dunha mutación intrínseca de todos os conceptos e valores en democracia pódese chegar á verdadeira liberdade e igualdade”.

Queda moito camiño por percorrer, en España e non digamos noutros países, para conseguir a plena igualdade aínda que os avances foron moi significativos nas últimas décadas. En cambio en Suramérica, Asia e África seguen loitando, demasiadas mulleres, pola dignidade e a supervivencia, ante a infinidade de violacións dos seus dereitos fundamentais. As mulleres seguen sendo meros obxectos de desexo para as súas parellas e maridos, man de obra barata para os gobernantes e escravas de sistemas machistas e patriarcais.

Outros artigos

“De tanto falar, equivócanse”. Luís Celeiro

Cando se pare, se se da o caso, os corredores pedestres non terán por onde andar, quedaransequietos, como enterrados no abismo. Mirarán para tódolos lados, acordaranse da importancia dosmovementos á dereita e á esquerda, e seguirán tesos alí na entrada da sima, na...

+

“Cuando yo no esté” – Manuel Domínguez

Esto es una creación literaria, nada personal de nadie. Cuando yo ya no este. Tu hijo, mi nieto se subirá a lo alto del naranjo, le dirás, te pareces al abuelo, él cuándo niño se subía a los árboles y me enseño a subir a mí, después te enseñare una foto. Desearas que...

+

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.