FRINSA leva a Singapur a súa central de compras de atún

29 Setembro 2022

A empresa ribeirense FRINSA é un dos grandes comercializadores mundiais de atún, concretamente, o sétimo comprador do mundo, procesando anualmente máis de 130 toneladas brutas que representan máis de 580 millóns de latas facturadas. No sueste asiático sitúanse algúns dos maiores produtores mundiais de peixe, como Indonesia, Myanmar ou Vietnam.

Unha desas filiais, a de Singapur, atópase actualmente en fase de evolución para converterse na central de compras do grupo, segundo explica a compañía. Faino no seu Estado de Información Non Financeira correspondente ao exercicio de 2021.

A conserveira galega creou en 2015 a filial de Singapur, que foi no pasado exercicio a empresa no exterior máis rendible do grupo, cun resultado de 1,9 millóns antes de impostos, segundo consta no EINF da compañía. A cifra de negocio da sociedade superaría os 90 millóns, mentres que os activos situaríanse nos 28 millóns, segundo consta nas contas anuais consolidadas de FRINSA.

A empresa da familia Carregal facturou o ano pasado 546 millóns, situándose como a terceira maior conserveira galega por detrás de JEALSA e Calvo. O fundador e presente, Ramiro Carregal, controla o 64,1% do capital, mentres que o resto está en mans do seu fillo e conselleiro delegado, Jorge Ramiro Carregal Varela.

A participación do CEO, un 35,9%, está xestionada a través dunha sociedade carteira, Luangwa Valley, que creou o ano pasado e cuxo domicilio fiscal está en Madrid, no Paseo de la Castellana.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.