Este domingo o Barbanza cálzase as botas de camiñar na VII Andaina Solidaria de CONGALSA (modalidade presencial)

09 Setembro 2022

A nosa comarca vai acoller este domingo un importante acontecemento solidario, deportivo, dinamizador e de lecer: o desenvolvemento oficial (e presencial) da VII Andaina Solidaria de CONGALSA. Será a partir das 10.00 horas con saída da Pobra do Caramiñal. O grupo de participantes, entre os que se vai incluír Luis Miguel Simarro, director xeral da compañía, iniciará unha ruta de nove quilómetros pola comarca do Barbanza, con saída na igrexa de San Isidoro de Postmarcos (na Pobra do Caramiñal). O alcalde Xosé Lois Piñeiro saudará aos participantes na iniciativa ao comezo do percorrido.

Isto polo que se refire ao formato presencial da camiñada. A vertente virtual leva celebrándose dende o 1 de setembro.

CONGALSA doará todas as contribucións solidarias económicas relativas ás dúas modalidades (presencial e virtual), así como os alimentos, e converterá en euros todos os quilómetros realizados. Todo o recadado irá parar ás familias máis necesitadas da comarca do Barbanza.

A andaina está aberta non só aos traballadores da empresa, senón tamén aos seus familiares, amigos, a representantes de entidades colaboradoras e a toda aquela persoa que queira colaborar, con independencia da súa localización xeográfica.

Como dixemos, o percorrido físico terá nove quilómetros e realizarase pola Serra do Barbanza.

A compañía realizará un vídeo conmemorativo da iniciativa, con imaxes dos participantes, que divulgará en diferentes canles corporativas.

Numerosas entidades da nosa contorna sumáronse este verán á actividade. Por exemplo Cáritas Ribeira, que o día anterior á data oficial fixada (o 11 de setembro) organizará tamén a versión local da Andaina Solidaria – CONGALSA. Será un itinerario físico de nove quilómetros e realizarase desde o Faro de Corrubedo ata a Igrexa Parroquial de Ribeira, contando coa colaboración da ONG católica. A marcha empezará ás 8.30 da mañá do sábado 10 no faro e percorrerá uns 20 quilómetros, podendo os que o desexen facelo percorrido desde a Capela da Guía.

Outros artigos

Unha fronte fría deixará chuvias e un descenso térmico este domingo

A nubosidade irá en aumento dende a mañá pola fachada atlántica, con precipitacións máis probables na Coruña, as Rías Baixas e a Mariña As temperaturas máximas experimentarán unha baixada moderada, mentres que as mínimas tenderán a subir A chegada dunha fronte fría...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.