En Boiro, o Concello selecciona ao alumnado do II Obradoiro de Emprego Torre de Goiáns

12 Setembro 2022

O Concello de Boiro vai desenvolver durante o curso 2022-23 a segunda edición do seu Obradoiro de Emprego en Xestión Forestal, o chamado Obradoiro Torre Goiáns. A formación vaise impartir dividida en dúas modalidades distintas, para o que se van seleccionar un total de 20 alumnos/as traballadores/as. As bases do proceso e toda a información están dispoñíbeis na web municipal.

A duración da actividade será de 12 meses e o tipo de contrato formalizarase para a formación el alternancia para a participación como alumnado traballador. A xornada de traballo será a tempo completo con horario de luns a venres de 7.30 a 15.30 horas. Amais, o Concello explicou que as retribucións serán as correspondentes ao salario mínimo interprofesional vixente en cada momento e a parte proporcional das pagas extraordinarias.

O sistema de selección será de oferta tipo T para o taller de emprego e as persoas aspirantes deben ter 18 anos ou máis, estar inscritos como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego de Galicia. Os candidatos deben seleccionar “taller de emprego” na Oficina de Emprego.

A iniciativa conta con financiamento da Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta. Os seus obxectivos concretos son o desembosque e valorización do monte Peón; a reforestación e acondicionamento do Monte do Sino; tarefas de conservación e valorización do Camiño A Orixe (o camiño xacobeo do Barbanza); mantemento e conservación da zona verde anexa ao Centro Arqueolóxico de Neixón; e o mantemento e conservación da zona verde anexa ao Pazo de Goiáns.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.