En Boiro na AG-11 rexistraronse dous accidentes de tráfico en senllos sentidos da circulación e no mesmo punto quilométrico

26 Setembro 2022
remitida

En total, cinco vehículos, tres dun lado e dous doutro, víronse implicados en senllos accidentes rexistrados no mesmo punto quilométrico pero en distintos sentidos da circulación.

Segundo a información recollida no 112 Galicia, os sinistros producíronse nun intervalo de apenas cinco minutos, arredor das 7:30 horas desta mañá, en sentido Ribeira e en sentido Padrón. Como consecuencia dos impactos, resultaron feridas, por unha banda, catro persoas, aínda que de carácter leve, e, pola outra, unha persoa recibiu un golpe na cabeza, polo que tamén se solicitou asistencia a Urxencias Sanitarias de Galicia-061. Con todo, a persoa, que contactou directamente co 112 Galicia para informar do accidente en sentido Padrón, rexeitou a axuda médica malia o golpe na testa.

Un dos vehículos impactóu cun camión en sentido Padrón e o desprazou e de seguido outro coche colisionou co mesmo camión e terminou por envorcalo O choque fixo que saltaran cascotes cara o outro lado da vía, onde varios turismos foron colisionando o encontrarse cos restos do outro accidente.

En canto ás persoas que sufriron lesións no choque de tres vehículos en sentido Ribeira, as catro presentaban lesións de pouca importancia, segundo explicaron os efectivos do Servizo Municipal de Protección Civil de Boiro.

Ademais deste equipo e dos profesionais sanitarios, desde o 112 Galicia mandouse aviso aos axentes da Garda Civil de Tráfico e ao persoal de limpeza e mantemento da Axencia Galega de Infraestructuras.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.