Coidados Porta a Porta achega servizos de estimulación de memoria, podoloxía e audioloxía ás persoas maiores do Son

21 Setembro 2022

Esta semana (até mañá xoves) está en Porto do Son unha iniciativa itinerante dirixida a achegar atención e servizos ás persoas maiores ao tempo que se mellora a súa calidade de vida. Estamos a falar do servizo Coidados Porta a Porta.

As persoas maiores do termo municipal poderán facerse de balde unha revisión do oído ou dos pés na unidade móbil do servizo Coidados Porta a Porta (Consellería de Política Social) que está instalada até o 22 de setembro na zona do parque da vila sonense.

Os servizos que se prestan son:

-Estimulación de memoria cognitiva e funcional, promoción de hábitos de vida saudables e de envellecemento activo.

-Podoloxía. Corte e limpeza de unllas, eliminación de durezas.

-Audioloxía. Exploración do oído, prevención da perda auditiva.

Para gozar destes servizos as persoas interesadas deben concertar cita previa nos seguintes teléfonos: 622 748 283 – 623 546 992.

Máis información en coidadosportaaporta.politicasocial@xunta.gal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.