Asinado o protocolo de adhesión da Pobra ao sistema Vioxen de protección de mulleres vítimas de violencia de xénero

01 Setembro 2022

A subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas; o alcalde da Pobra do Caramiñal, Xosé Lois Piñeiro, e o coronel xefe da Comandancia da Garda Civil da Coruña, Francisco Javier Jambrina, asinaron este 1 de setembro, en Xunta Local de Seguridade, o protocolo de adhesión ao sistema Vioxen de protección de mulleres vítimas de violencia de xénero. Trátase, explicaron, “do paso previo á firma definitiva que realizarán en datas vindeiras o rexedor e o secretario de Estado de Seguridade do Ministerio de Interior para facer efectiva desta maneira a participación da Pobra neste operativo”.

Con A Pobra, serían xa 16 os concellos da provincia da Coruña que se incorporaron ao sistema Vioxen, “pasando de tres a 16 nos últimos catro anos”, fixo saber María Rivas.

A subdelegada quixo animar aos concellos que aínda faltan a unirse e asinar este tipo de protocolo para así conseguir mellorar o nivel de protección das mulleres na provincia. “Incorporar aos municipios a este sistema é sumamente importante, a administración local é a máis próxima á cidadanía e, por tanto, as policías locais teñen un maior coñecemento das mulleres que son vítimas de violencia machista nos seus municipios e, con esa información, entre todas as administracións poderemos actuar dunha maneira máis coordinada e eficaz.”

O sistema Vioxén, engadiu, permitirá á Policía Local dispoñer de máis información sobre todos os casos activos de violencia machista, de tal maneira que os propios axentes locais pasan a asumir o seguimento e control dalgúns destes casos, “xeralmente daqueles que sexan considerados de nivel de risco baixo ou non apreciado”, mentres que a Garda Civil encárgase do seguimento dos casos de maior risco.

“Neste momento son 1.950 as vítimas de violencia de xénero non casos activos la provincia, unha cifra que demostra a importancia destes sistemas”, explicou Rivas, quen trasladou a Piñeiro e aos concelleiros de seguridade cidadá e igualdade o seu agradecemento polo esforzo realizado no desenvolvemento das políticas de igualdade e de loita contra a violencia de xénero, tal como se evidencia nas medidas adoptadas e que culminarán coa incorporación da Policía Local ao sistema Vioxen. Rivas destacou a lealdade institucional e colaboración do Concello neste asunto, “o que permitirá incrementar a coordinación e a propia loita contra a violencia machista, xa que posibilitará conseguir un mellor aproveitamento de tódolos recursos dispoñibles para previr este tipo de violencia a nivel local”.

Neste sentido, a subdelegada destacou tamén a recente concesión dunha partida de 3.168 euros ao Concello da Pobra para desenvolver o Pacto de Estado fronte á Violencia de Xénero. Estes fondos deberán destinarse a programas para a erradicación da violencia sobre a muller. Así, poderán realizarse campañas de sensibilización e prevención; reforzar os servizos municipais de atención e información ás vítimas de violencia contra a muller ou realizar actuacións encamiñadas á formación especializada continuada de profesionais do ámbito local en materia de igualdade entre mulleres e homes.

A Xunta Local de Seguridade tamén serviu para coordinar a seguridade nas próximas Festas do Nazareno, que se celebran no municipio do 16 ao 19 desde mes de setembro. Rivas subliñou a “total disposición” a colaborar co Concello desde a Subdelegación e desde as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado para establecer os dispositivos necesarios que permitan garantir a seguridade das festas naqueles eventos e lugares que congreguen un maior número de persoas.

Amais a subdelegada e o alcalde anunciaron que se redobrarán os esforzos para loitar contra as agresións machistas. Respecto a isto, Rivas destacou a colaboración do Concello para activar os denominados “puntos violeta”, nos que se ofrecerá información para saber como actuar ante un caso de violencia contra a muller.

Outros artigos

A Pobra acende o seu Nadal ao son da música e degustando chocolate

A Pobra do Caramiñal xa entra oficialmente no Nadal co acto de acendemento do alumeamento. Dous elfos de Papá Noel estiveron cantando panxoliñas polo centro urbano para guiar veciñanza cara a praza Alcalde Segundo Durán, onde, como xa é habitual, as crianzas estaban...

+

Adíase o concerto de Gallaecia Small Band na Pobra por mor da chuvia

A Pobra do Caramiñal acenderá o seu Nadal cun acto no 30 de novembro. Unha das actividades programadas é o concerto de Gallaecia Small Band que, finalmente, o Concello opta por adiar debido á previsión de chuvia para as últimas horas da tarde. A nova data é o 24 de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Una bella cierta historia de amor” – Manuel Domínguez

“Una bella cierta historia de amor” – Manuel Domínguez

Todos sabemos que la historia de Romeo y Julieta es una novela, de W Shakespeare Pero la hermosa historia de amor entre Pedro I rey de Portugal y la gallega, Inés de Castro, es realmente dolorosamente y admirablemente cierta Por temor a que los hijos de Inés,...