As novidades relativas ao Mercado, ao Edificio das Colonias, á Negral e á circulación do tráfico centran este xoves o pleno de Boiro

20 Setembro 2022

O Concello de Boiro celebra este xoves 22 de setembro ás 20.00 horas no salón de plenos da Casa Consistorial a sesión plenaria correspondente ao mes de setembro de 2022.

Poderase seguir en directo a través da canle de YouTube do Concello de Boiro. Abordaranse cuestións como o proxecto de reforma do Mercado do Abastos, a mellora da eficiencia enerxética e da accesibilidade no Edificio das Colonias ou a nova dotación de espazos verdes en A Negral. Amais, está incluída na orde do día onteproxecto de ordenanza municipal reguladora do estacionamento e pernoita de autocaravanas, vehículos camper e caravanas e o anteproxecto da ordenanza da circulación.

Puntos da orde do día
1. Aprobación definitiva, se procede, do suplemento de crédito 1/2022. Comercio: proxectos complexos.
2. Aprobación, se procede, do proxecto de reforma do Mercado de Abastos de Boiro.
3. Aprobación inicial, se procede, do crédito extraordinario 5/2022, proxectos culturais e educativos.
4. Aprobación inicial, se procede do crédito extraordinario 6/2022, 5 actuacións.
5. Aprobación inicial, se procede, do crédito extraordinario 7/2022. Mellora da eficiencia enerxética e a accesibilidade do edificio das Colonias.
6. Aprobación inicial, se procede, do crédito extraordinario 8/2022. Infraestruturas deportivas en colexios.
7. Aprobación inicial, se procede, do crédito extraordinario 9/2022. Dotación zona verde en “A Negral”.
8. Aprobación inicial, se procede, do crédito extraordinario 10/2022. Abastecemento municipal de auga.
9. Aprobación inicial, se procede, do crédito extraordinario 11/2022 e modificación das bases de execución do orzamento 3/2022 (subvencións nominativas).
10. Designación de festivos locais para o ano 2023.
11. Solicitude de participación no POS+ Adicional e aprobación do proxecto para a ampliación de salas de fitness no complexo deportivo da Cachada.
12. Aprobación, se procede, do “Proxecto de dinamización do espazo coworking do Concello de Boiro – Lab Barbanza 22.0”, e solicitude de subvención á Deputación.
13. Aprobación inicial, se procede, do anteproxecto de ordenanza municipal reguladora do estacionamento e pernoita de autocaravanas, vehículos camper e caravanas no concello de Boiro.
14. Aprobación inicial, se procede, do anteproxecto de ordenanza de circulación do Concello de Boiro.

Outros artigos

O Concello de Boiro remata as obras para a mellora do firme en Moimenta

O Concello de Boiro vén de finalizar as obras para a mellora dun camiño no lugar de Moimenta, na parroquia de Macenda. O tenente de alcalde, Luís Ruiz, e o concelleiro, Roberto Lojo, visitaron este martes 10 de marzo o lugar para coñecer o resultado final das obras....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Relevo en Portugal”. José Castro López

“Relevo en Portugal”. José Castro López

Comparto con muchos gallegos una vieja querencia por Portugal. Nos une la geografía, la historia y también algo tan profundo como la afinidad de carácter y una manera de entender la vida. Admiro su paisaje y sus monumentos, su cultura y su gastronomía, su hospitalidad...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.