Ambar fai balance do seu Proxecto Lique, centrado na defensa do medio ambiente e da inclusión

26 Setembro 2022

O Centro de Recursos da Asociación Ambar das Persoas con Diversidade Funcional, acolleu este 26 de setembro a presentación do Proxecto Lique, unha iniciativa promovida por Ambar e financiada polo GALP Ría de Arousa, enmarcada tamén no programa de actividades que se están levando a cabo polo 40 aniversario da entidade. O proxecto deu comezo no mes de xuño e está a piques de chegar á súa fin.

Milagros Rey, presidenta de Ambar, foi a encargada de facer a apertura da rolda de prensa e realizou a primeira intervención, na que agradeceu ao GALP Ría de Arousa polo labor de apoio e financiamento. Tamén agradeceu tanto a Rosana Olveira como a María Calvo por coordinar e dirixir todas as actividades que forman parte desta iniciativa.

Continuou coa presentación Rosana Olveira, coordinadora de Servizos de Atención Diúrna, quen se encargou de dar información máis concreta sobre a iniciativa. “O importe total da subvención é de 11.202,18 € subvencionábel ao 100%. 85% axuda do FEMP (9521,85€) e 15% axuda nacional (1680,33€)”. Tamén explicou cales foron os obxectivos e os resultados que querían acadar. “Pretendíase obter unha maior participación social nas actividades inclusivas propostas. Neste proxecto participaron 265 persoas das cales 59 foron familias e amigos” expuxo Rosana, engadindo que “ás familias participantes encantoulles participar e propuxeron volver a facer visitas e actividades deste tipo de xeito que poidan compartir o día con outras familias”.

Entre as actuacións e propostas desenvolvidos realizáronse actividades de promoción e difusión do proxecto, como é por exemplo a realización de material divulgativo informativo de lectura sinxela sobre os espazos protexidos. Tamén se fixeron visitas aos arquipélagos do Parque Nacional marítimo das Illas Atlánticas de Galicia e diferentes obradoiros en espazos naturais. “Organizamos dúas visitas á illa de Cortegada, outras dúas foron a Sálvora e dúas saídas ao Parque Natural de Corrubedo e Lagoas de Vixán e Carregal” puntualizou Rosana.

Pechou a rolda de prensa María Calvo, asistenta técnica de Arenaria Coordinación, explicando máis polo miúdo os obradoiros e visitas que se levaron a cabo. “En Sálvora, por exemplo, optouse pola visita á aldea, declarada Ben de Interese Cultural e á cal non se pode ir sen un guía acreditado” explicou María.

O Proxecto Lique pretende sensibilizar medioambientalmente á cidadanía sobre o coidado e preservación do entorno no que vivimos, potenciar a participación social activa dos cidadáns do territorio en prol do mellor coñecemento dos recursos costeiros e favorecer a cohesión social e o benestar social mediante a realización de actividades inclusivas ao aire libre nas que aproveitar os recursos do territorio. “Con esta finalidade levamos a cabo varios obradoiros, como por exemplo o de produtos de pesca e degustación dos mesmos”, comentou María, que dixo que a través dunha colección biolóxica real puideron aprender e descubrir curiosidades sobre as distintas especies. “A actividade rematou cunha degustación de produtos do mar que consistiu en empanada de choco e de xarda, mexillón en vinagreta con lima e tostas de sardiña en conserva con queixo e xarda afumada con vexetais”, concretou a asistenta técnica de Arenaria Coordinación.

O Proxecto Lique dará o seu remate este martes 27 coa última actividade do programa que consiste nunha saída ao Parque Natural de Corrubedo.

Outros artigos

Ribeira suma unha nova veciña centenaria: Rosa Dios Cores

Rosa Dios Cores soprou onte o número 100 para converterse nunha nova veciña centenaria de Ribeira. A alcaldesa, María Sampedro, e o concelleiro de Servizos Sociais, Vicente Mariño, desprazáronse ata o domicilio familiar da parroquia de Oleiros para compartir tempo nun...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana del aula”. José Castro López

“Desde la ventana del aula”. José Castro López

Cuenta Eduardo Infante en su libro Filosofía en la calle que, mientras explicaba un díala metafísica de Aristóteles en el instituto, advirtió que los alumnos tomaban notas ensus cuadernos. Pero al fondo de la clase estaba una chica sentada junto a una ventanaque no...