“A xanela indiscreta” – José Manuel Pena

13 Setembro 2022

Tendo o privilexio de poder mirar pola xanela e ver, en fronte, unha gran urbanización de vivendas podo comprobar como tras o cristal cada familia vive as súas propias ansiedades, ilusións e circunstancias que lle depara a existencia. Observo, con tristeza, que nalgúns fogares os seus membros decrecen por culpa da emigración forzada cara a outras comunidades ou países en busca dun posto de traballo xa que no noso país é moi difícil, para calquera mozo, atopar un emprego digno.

Chama a atención que en cada vivenda hai algunha mascota, un can, un gato, un paxaro ou outro animal exótico. A maioría das persoas maiores entretéñense alimentando, xogando, paseando e coidándoos, mentres o resto dos membros da unidade familiar pensan nas súas cousas. Sen dúbida son bos compañeiros de fatigas e de confidencias ante o actual individualismo social, onde é máis fácil contactar con calquera persoa a través das redes sociais que saudar ou entrar en conversación con algún veciño da urbanización.

Grazas á xanela indiscreta observo como algúns días, principalmente cando a familia se reúne ao redor da mesa do comedor, os berros e algún que outro insulto se deixan ouvir como proba evidente de que a convivencia nunca é fácil. A tranquilidade volve á rutina cando cada membro da familia refúxiase nun habitáculo diferente da casa. A maioría enfróntanse coa caixa parva, outros ao aparello de música e o computador e os menos se mergullan na aventura do saber, coa apaixonante lectura dun bo libro.

Outros artigos

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

Soy un ciudadano de a pie, que no entiendo el organigrama gubernativo. Cierto que me siento con el derecho de considerar que los que ostentan algún tipo de cargos deberían tener los estudios oportunos, y no simplemente facilidad para comunicarse entre ellos y para...

+

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

Hay amores que mueven montañas y otros que, a juzgar por lo visto en Fuenlabrada, aspiran a mover algo más delicado: la opinión pública. Pedro Sánchez y Begoña Gómez se besan, bailan y se dedican un “Que lo escuchen, te quiero” ante los asistentes a un mitin del PSOE....

+

“La protesta de los estudiantes franceses”. José Castro López

Francia convive cada cierto tiempo con pequeñas revoluciones o estallidos sociales que,aunque comparten escenarios, responden a causas diferentes. Recuerden la revoluciónde Mayo 68 de la que Daniel Cohn-Bendit, uno de sus líderes, dice que entonces losjóvenes eran...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

Foto de Javi Bermúdez na Sala Real Acababa de chover e Javi empuxoume con firmesa coas dúas mans para poñerme debaixo dunha pingueira. Unha pinga conxelada caeu serteira no meu lombo pasando áxil a rentes da caluga e da camiseta, sen tocalas. “Agora xa sabes o que se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.