A ABE realiza o último dos sorteos da campaña Quincenas Fantásticas

01 Setembro 2022

A Asociación Boirense de Empresarios (ABE) compartiu os nomes das persoas premiadas no último sorteo da campaña Quincenas Fantásticas, realizado os 1085 tíckets rexistrados en www.abe.gal, a web da patronal.

No sorte resultaron finalmente galardoadas Cristina Tarrío, por unha compra na Farmacia Civadevila (250 euros), Beatriz Araújo, por mercar en Sargadelos Barbanza (150 euros), Mari Carmen Bravo (Herboristerías Fiúncho, 100 euros), e Mayte López Casanova (The Desire Shop, obtendo de premio unha bicicleta).

A campaña que se desenvolveu durante os meses de xullo e agosto remata “cuns datos excelentes de participación”, destacou a ABE, salientando tamén un incremento do 57 % nos rexistros de tíckets polos clientes, “feito que respalda a nosa aposta polo emprego de medios dixitais para as campañas de promoción comercial”, engadiu a entidade empresarial de Boiro.

A entrega de premios das quincenas do mes de agosto será mañá venres, 2 de setembro, ás 13:45 hs na sede da ABE.

A asociación aproveitou para agradecer “a implicación de todas as empresas asociadas” e máis da veciñanza de Boiro. A campaña está co-financiada pola Xunta de Galicia.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

La escritora británica Evelyn Beatrice Hall publicó en 1906 el libro “The Friends ofVoltaire” en el que relata como entendía la tolerancia el filósofo francés y dejó para lahistoria la frase “No estoy de acuerdo con lo que dices, pero defenderé con mi vida tuderecho a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.