Volve o 26 de agosto, ao seu formato tradicional, a Andaina Solidaria de AGADEA

11 Agosto 2022

Volve ao seu formato habitual a Andaina Solidaria Os Camiños de Memoria, organizada pola Asociación AGADEA, logo de dous anos de celebración virtual. Así o confirmaron este xoves 11 de agosto os responsábeis da entidade e máis do Concello de Ribeira, poñéndolle data ao dito evento solidario: o venres 26 de agosto celebrarase a sétima edición desta iniciativa que busca visibilizar e sensibilizar á poboación sobre a doenza do alzhéimer. Na presentación participaron a concelleira de Servizos Sociais, Ana Barreiro; a presidenta de AGADEA, Isabel Gey, a coordinadora da asociación no centro emprazado en Ribeira, Laura Somoza, e máis Eduardo Iglesias, da Asociación Arousa Neo que colabora na organización.

A cita comezará ás 20.30 horas con saída e meta no parque García Bayón. O percorrido, de 8 quilómetros de distancia con dificultade media-baixa, descorrerá por Coroso, o entorno de Pedra das Cabras, a congostra da Carballa, As Saíñas e volta por Coroso ata o punto de partida. Haberá a posibilidade de acurtar a ruta a 6 ou 3 quilómetros pensando naquelas persoas que no se vexan con forzas para completar todo o traxecto.

O grupo Tahume amenizará a saída dunha proba na que os participantes recibirán unha camiseta conmemorativa. O trazado contará con puntos de avituallamento.

Inscricións

As inscricións á andaina pechan o día 24 ás 13 horas, podéndose formalizar na páxina web www.agadea.org. O custe é de 5 euros (os menores de 12 non pagan). O límite máximo é de 250 persoas, cifra que se espera alcanzar do mesmo xeito que nas últimas edicións físicas se foi conseguindo sempre chegar ao tope, que nun principio era de 150 participantes e despois de 200. Existe un dorsal 0 para que queira colaborar.

Ana Barreiro felicitou a AGADEA por esta iniciativa e agradeceu o seu labor a prol das persoas con alzhéimer e as súas familias no noso termo municipal. Pola súa parte, Isabel Gey incidiu na necesidade de seguir traballando a prol da prevención, especialmente despois dunha pandemia que empeorou a saúde mental de moita xente.

Outros artigos

“Plan de Rescate da Sanidade Pública Galega”. Xosé Mª Dios Diz

“As listas de agarda constitúen unha das formas máis sofisticadas de crueldade. Son producto dun Sistema que intentaatender a todos con recursos cos que so se pode atender a algúns”. Juan José Millás: escritor. Valencia. 1946.Esta reflexión nos indica que os...

+

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.