Visitas guiadas para coñecer a cultura e o patrimonio da Pobra

02 Agosto 2022

O Concello da Pobra do Caramiñal oferta unha serie de itinerarios guiados cos cales difundir a cultura e o patrimonio do municipio entre a veciñanza e visitantes.

As visitas ao Museo Valle-Inclán transcorrerán nos venres ás 11.00 e 19.00 horas; unha oportunidade para coñece-la historia do inmoble e datos sobre a vida e obra do escritor Ramón del Valle-Inclán. Requírese a inscrición previa a través do 981831662 ou museo.valleinclan@apobra.gal.

Doutra banda, bríndase a posibilidade de asistir aos percorridos guiados polo patrimonio co obxectivo de redescubrir espazos e edificios como o Cantón da Leña, a praza Victoriano García Martí, a casa consistorial ou Villa Eugenia, entre outros. Estas visitas realízanse baixo demanda, polo cal tan só hai que solicitalas por algunha das seguintes vías: 671090262, 687482835 ou turismo@apobra.gal.

Outros artigos

Espazos Sonoros chega á Pobra con Sara Ruiz, este 26 de setembro

O ciclo Espazos Sonoros 2026, organizado pola Deputación da Coruña, fará parada no concello da Pobra o vindeiro sábado 26 de setembro cunha xornada que combinará música, patrimonio, historia e literatura e que conta coa colaboración do Concello da Pobra do Caramiñal....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.