“Quéimase o monte” – José Manuel Pena

08 Agosto 2022

Ano tras ano quéimase o monte en Galicia. Teriamos que preguntarnos a quen benefician os incendios forestais. As políticas de extinción non poden esquecerse dos medios de prevención. Cada propietario, comunidade de montes, organismo, entidade ou administración pública están obrigados a adoptar as medidas necesarias para a prevención de incendios. Entón, porqué non se cumpren e porqué non se sancionan eses incumprimentos?.

A realidade é que cada verán se queiman miles de hectáreas dos nosos bosques, pondo en risco ás empresas, ás vivendas e á vida de animais e persoas. Tanto os concellos, deputacións como a propia Xunta de Galicia son conscientes dos erros e a falta de vontade política para establecer protocolos de prevención adecuados, coa dotación dos medios humanos e materiais necesarios ao longo de todo o ano.

Entón, a que están a esperar. A que cambien de cor os bosques galegos, deixando a verde esperanza para os libros de historia.

Señores gobernantes, póñanse as pilas e actúen en consecuencia, os cidadáns merecémonos responsables políticos que estean á altura das circunstancias e cumpran cos seus compromisos.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...