“Praias perigosas” – José Manuel Pena

25 Agosto 2022

Como cada ano, a morte de bañistas está á orde do día nalgunhas praias perigosas. Concretamente no municipio de Ribeira hai unha longa columna de area, duns 5 quilómetros, que vai desde a praia de Anguieiro, na parroquia de Carreira, ata A Ladeira, na parroquia de Corrubedo. Ao longo de toda esta enorme extensión de area hai zonas moi propicias para o baño e con grandes garantías de seguridade, en cambio hai outros lugares onde as rompentes, correntes de resaca e os remuíños poñen en grave perigo a vida dos bañistas.

Algúns sabemos que unha das zonas máis seguras para o baño é o lugar de Anguieiro, de augas tranquilas e e unha praia sen sucos nin terreo irregular. A máis perigosa son a zona do Vilar, unha das máis frecuentadas, e xunto a desembocadura do río, próxima ás dunas de Olveira. Sempre hai algunha desgraza persoal pola existencia de fortes correntes que converten ao fondo mariño nun terreo irregular con sucos e remuíños. A xente, principalmente os visitantes que descoñecen a zona, ponse nerviosa ou entra en pánico e no canto de nadar en paralelo á beira nadan cara á praia, moitas veces contra corrente, esgótanse e entran en pánico. Daquela as correntes de resaca arrástranas mar dentro e, en moitas ocasións, chegan a perder a vida.

Todo isto sucede a pesar da existencia dos vixiantes da praia e socorristas. É moi importante a prevención e a colocación de paneis informativos coas recomendacións necesarias para público coñecemento de todas as persoas que e achegan a este praias para o baño. Tampouco estaría de máis que os propios socorristas desen algúns cursos rápidos ou indicacións, na propia praia, aos bañistas para saber o que terían que facer en situación de risco para as súas vidas.

Outros artigos

“La soledad, mala compañera”. Javier García Sánchez

Afecta a una de cada cinco personas en España, y se trata de una sensación deaislamiento y desconexión emocionalNos demos cuenta o no lo cierto es que cada vez vivimos en una sociedad másindividualista donde recala con fuerza la soledad no deseada. Se trata de...

+

“Santos con lentes”. Xosé A. López Silva

Hai anos que levo un caderno de santos: datas, anécdotas e atributos rechamantes, apuntados sen moita orde nin concerto. Abre por San Xerome, o mesmo que de cando en cando volve aos xornais porque na fachada de Santa María de Pontevedra, entre os doutores da Igrexa,...

+

“Emerxencia habitacional” – José Manuel Pena

O Goberno Vasco vén de mercar ao fondo de investimento Blackstone unhas 510 vivendas con destino a alugueiros sociais para familias vulnerables. Estas noticias son as que realmente contribúen ao cumprimento do Dereito á Vivenda, recollido no artigo 47 da Constitución...

+

“E veu. Daqueles pos, estas lamas” – Antón Luaces

O Sur de Europa, todo está no Sur: España foi a primeira, Francia a segunda e Italia a terceira. E todo parte dunhas protestas cidadáns que se xustifican nos baixos salarios laborais, nos altos/altísimos prezos do alugueiros das vivendas e a inseguridade ou...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

Hai case oito séculos, as Sete Partidas de Alfonso X pretendían establecer unhas regras comúns para ordenar a sociedade. Hoxe vivimos nunha democracia con leis e mecanismos de control, pero segue vixente unha pregunta fundamental: de que serven as normas se quen debe...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.