O Concello de Dodro declara as obras de reforma do CPI Eusebio Lorenzo Baleirón de especial interese pública municipal

02 Agosto 2022

No pasado mes de xuño a xunta de Goberno local do Concello de Dodro acordou declarar que “na obra de rehabilitación do CPI Eusebio Lorenzo Baleirón concorren circunstancias sociais e culturais que fan que se consideren como de especial interese para o Concello, e de utilidade pública municipal”. Con esta declaración o Goberno local aplica a bonificación do 95 % no Imposto de Construcións Instalacións e Obras establecida no art. 4.1 da Ordenanza fiscal núm. 1, reguladora do dito imposto.

Dende o Consistorio lembran que a reforma integral do Centro supón un investimento de 1,456,387,51 €, e supón adaptalo ó Plan de Nova Construción Pedagóxica da Consellería de Educación na que contempla “Actuacións para espazos más saudábeis” e “Actuacións para crear espazos máis versátiles”.

O Concello engade que se trata “dunha reforma moi necesaria demandada polos pais e nais do alumnado desde hai anos que agora será unha realidade, e que fará do centro de Dodro un referente adaptado as novas necesidades tanto educativas como de benestar interno as persoas usuarias”.

A actuación xa está á licitación na Plataforma de Contratos Públicos de Galicia, e terá un prazo máximo de execución de 5 meses.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...