O Concello de Boiro desenvolve no curso 2022/23 unha nova edición do Obradoiro de Emprego en Xestión Forestal

11 Agosto 2022

O Concello de Boiro recibiu da Consellería de Emprego e Igualdade unha subvención para a realización dun taller formativo dual de emprego en xestión forestal, que é a segunda edición do desenvolvido estes meses no Pazo de Goiáns e na súa contorna. O Obradoiro de Emprego en Xestión Forestal Torre Goiáns II – Boiro contará con formación dividida en dúas especialidades e está destinado, novamente, a persoas demandantes de emprego.

Desenvolverase no Centro de Formación e Viveiro de Empresas de Espiñeira e contará coas especialidades de Aproveitamentos forestais e de Repoboacións forestais e traballos silvícolas. O alumnado terá oportunidade de cursar a parte práctica do programa en espazos naturais do concello como son a contorna do Pazo de Goiáns, o Centro Arqueolóxico de Neixón, o treito do camiño de Santiago (A Orixe) que discorre por Boiro, o monte Peón e o monte do Sino.

Van participan un total de 20 alumnos e alumnas que recibirán formación teórica e práctica e que contarán cun contrato de traballo para formación e aprendizaxe a tempo completo, de 40 horas semanais, e durante 12 meses cun horario de 7.30 a 15.30 horas. Para poder inscribirse neste programa as persoas interesadas deben postularse como demandantes de emprego na Oficina de Emprego e solicitar “Taller de emprego”.

Ademais do alumnado traballador, para o desenvolvemento do programa formativo o Concello de Boiro vai realizar a contratación do persoal docente para impartir a materia. Así, contratarase a unha persoa que ocupe a dirección do obradoiro, un titor docente, dous docentes, un para cada unha das especialidades, e un técnico medio forestal.

Máis información sobre o Obradoiro de Emprego en xestión forestal na Oficina de Orientación Laboral do Concello de Boiro, a través do enderezo electrónico orientacion.laboral@boiro.org ou no teléfono 981 84 26 09.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.