Mércores con nubes e claros e temperaturas á baixa
02 Agosto 2022
O mércores, as altas presións retiraranse cara ó oeste, o que permitirá un leve desprazamento cara ó leste da masa de aire cálido. Agárdase, así, unha mañá de ceos despexados na metade sur e con mais nubes ao norte. Pola tarde, medrarán nubes de evolución no interior que poden deixar chuvascos tormentosos, máis probables nas zonas montañosas. As temperaturas sufrirán un lixeiro a moderado descenso, máis pronunciado ao norte. O vento soprará de compoñente norte.
Temperatura do aire (°C)
MINMAX 18° 33°
Temperatura da auga (°C)
16°
Índice ultravioleta máx.
8
meteogalicia
O NOSO MAR: Vento do norte, forza 3 a 5. Marusía. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0.5 a 1 metros.
A influencia directa das altas presións situadas ao noroeste peninsular marcará o inicio de semana, garantindo unha xornada de estabilidade meteorolóxica xeral pero con matices evidentes entre o norte e o sur. O Barbanza Durante o luns, a metade sur gozará de ceos...
Santiago e a comarca das Rías Baixas vivirán este domingo 18, San Lucas, unha xornada de ceos despexados, con entrada de nubes altas pola tarde e sen risco de choiva, aínda que marcada por un cambio no termómetro. As temperaturas sufrirán un descenso xeral que se...
As Rías Baixas e a comarca de Santiago vivirán este sábado 17, unha xornada de transición meteorolóxica, caracterizada polo protagonismo do vento do nordés e unha caída acusada dos termómetros nas horas centrais do día. Mentres o interior de Galicia —especialmente as...
Este venres 16, Santa Margarida, comezará con bancos de néboa en zonas do interior, ceos cubertos por nubes baixas na franxa norte de Galicia e nubes altas no resto do territorio. A medida que avance a xornada, a nubosidade irá a máis en toda a xeografía galega, dando...
Foto de Javi Bermúdez na Sala Real Acababa de chover e Javi empuxoume con firmesa coas dúas mans para poñerme debaixo dunha pingueira. Unha pinga conxelada caeu serteira no meu lombo pasando áxil a rentes da caluga e da camiseta, sen tocalas. “Agora xa sabes o que se...
O PSOE, a Fronte Ampla e esquerdas territoriais (non autonómicas) acordaron unirse en listas conxuntas para o Senado. Non así para o Congreso, onde o protagonismo de distintos actores fixo que as posibilidades de unión quedara nunha mera tentativa de lavado de...