“Mellor o tradicional”. Luís Celeiro

11 Agosto 2022

Todo parece indicar que é urxente cambiar hábitos de consumo, de alimentación e de produción, de relacións entre a cidadanía e o medio ambiente. A contaminación esténdese por terra, mar e aire, mentres as condicións de vida das persoas, dos animais e das plantas empeoran de tal maneira que deixan tremendo ao planeta e morden na conciencia dos científicos, dos empresarios, dos universitarios, dos traballadores e de todos os que queren vivir máis e mellor. Na conciencia dos comunicadores, promotores e ilustres deseñadores de estratexias para que o mundo non se pare, e na daqueles que traballan para que se realice de inmediato a enorme e necesaria freada.
Uns contra outros e estes a pelexar cos de arriba ou cos de abaixo para que todo siga igual, para que as perversións sigan na súa liña e os perversos non se incomoden e poidan rematar a tarefa, a encomenda da desfeita programada e continuada.
As organizacións ecoloxistas intentan remarcar os problemas da desatención ao medio natural, da contaminación, da tan elevada produción de residuos que empobrece aos países, ás familias, ás comunidades, ao solo, á atmosfera, aos mares e aos océanos.
Formando parte da maioría destes residuos están os plásticos, que segundo informes elaborados por científicos e espertos, cerca de dez millóns de toneladas van cada ano aos océanos do mundo.
Milleiros e millóns de latas e botellas de plástico navegan polos mares de cerca ou buscan o fondo para agocharse e agrandar o mal, o mal que fan. A Asociación Española de Basuras Mariñas (AEBAM) atopa agora outro inconveniente, a proliferación de luvas e mascarillas no mar, nas rúas e nos campos. Resolta a cuestión sanitaria, cómpre un tratamento adecuado para o lixo, cómpre pensar na vida das persoas e na natureza. Este lixo mariño “está composto maioritariamente por plásticos cuns elevados tempos de permanencia no medio, en ocasións superiores a douscentos anos”.
As superficies comercias que vemos, e onde compramos, están envoltas en plástico, son de plástico e todo o que hai no seu interior preséntase e véndese plastificado ou en sacos de plástico, o queixo ou as mazás, o peixe e a carne crúa ou guisada, as ferramentas para traballar no campo ou na obra, os materiais de oficina e a roupa de moda. Así ten razón a Tía Manuela, “mellor o comercio tradicional, con moitos menos residuos e máis respecto ao medio ambiente e natural “.

Outros artigos

“Luz e memoria”. Luís Celeiro

Efectivamente, parece que o clima ten memoria para repetir episodios doutros tempos, facendocertezas do refrán popular, “nunca choveu que non escampara”, enraizado na nosa cultura e dandofe de que a choiva forma parte da paisaxe e da vida diaria en Galicia, de modo...

+

“Therians”. Xulio Xiz

En terras relacionadas coa miña nenez, circulaba mediado o pasado século unha historia de amores nefandos, dos que se contaba que naceran pequenos monstros mestura de humano e cánido, que a familia se ocupara de facer desaparecer. Non se sinalaban persoas pero...

+

“Dios está tristemente enfadado”. Manuel Dominguez III

El pastor evangélico Tom Mullins y una veintena de más colegas, todos portavoces de la palabra de Dios. Oran en la Casa Blanca, rodeando al presidente D Trump, y rogando a Dios le dé a Trump, sabiduría para su corazón y su mente. Aquí vemos que Dios no puede hacer...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Nadie quiere la guerra?” – Manuel Domínguez

“Nadie quiere la guerra?” – Manuel Domínguez

Nadie quiere la guerra, mentira. Cuando se cerró la fábrica de armas de Coruña (nombre ficticios) tanto Juan como el sobrino Pablo fueron al paro, y la hipoteca sin pagar. En el norte de España tenemos una fábrica de armas , entre otras cosa fabrica buenas escopetas...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.