A situación do martes non presenta moitos cambios. Galicia continuará baixo influencia feble do anticiclón dos Azores e as frontes seguirán a circular ao norte da península Ibérica, non moi lonxe dela. Deste xeito, amencerá con ceos despexados ou con nubes altas, agás no val do Miño e en comarcas do terzo norte, onde teremos néboas, brétemas ou intervalos de nubes baixas que se irán desfacendo co avance da mañá. Pola noite, volverán entrar brétemas e nubes de tipo baixo na metade norte. As temperaturas ascenderán de xeito lixeiro, puntualmente moderado no caso das máximas. Os ventos soprarán do leste e nordés no extremo norte e de compoñente norte no resto, frouxos en xeral, moderados entre Bares e Fisterra.
Temperatura do aire (°C)
MINMAX 17° 32°
Temperatura da auga (°C)
16°
Índice ultravioleta máx.
8
meteogalicia
O NOSO MAR: Vento do norte á mañá e do norte á tarde e á noite, forza 3 a 4 á mañá e á noite e 3 a 5 á tarde. Mar ovellado á mañá e marusía á tarde e á noite. Visibilidade boa á mañá e á tarde e regular á noite. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0.5 a 1.5 metros.
Este martes, Galicia quedará baixo a influencia de baixas presións situadas ao oeste de Irlanda, un panorama meteorolóxico que afectará de cheo ás Rías Baixas e á zona de Santiago coa entrada dunha fronte fría polas últimas horas do día. O tempo nas Rías Baixas Na...
A influencia directa das altas presións situadas ao noroeste peninsular marcará o inicio de semana, garantindo unha xornada de estabilidade meteorolóxica xeral pero con matices evidentes entre o norte e o sur. O Barbanza Durante o luns, a metade sur gozará de ceos...
Santiago e a comarca das Rías Baixas vivirán este domingo 18, San Lucas, unha xornada de ceos despexados, con entrada de nubes altas pola tarde e sen risco de choiva, aínda que marcada por un cambio no termómetro. As temperaturas sufrirán un descenso xeral que se...
As Rías Baixas e a comarca de Santiago vivirán este sábado 17, unha xornada de transición meteorolóxica, caracterizada polo protagonismo do vento do nordés e unha caída acusada dos termómetros nas horas centrais do día. Mentres o interior de Galicia —especialmente as...
Soy un ciudadano de a pie, que no entiendo el organigrama gubernativo. Cierto que me siento con el derecho de considerar que los que ostentan algún tipo de cargos deberían tener los estudios oportunos, y no simplemente facilidad para comunicarse entre ellos y para...
Hay amores que mueven montañas y otros que, a juzgar por lo visto en Fuenlabrada, aspiran a mover algo más delicado: la opinión pública. Pedro Sánchez y Begoña Gómez se besan, bailan y se dedican un “Que lo escuchen, te quiero” ante los asistentes a un mitin del PSOE....