Luns con nubes e claros e baixa de temperatura

28 Agosto 2022

Galicia seguirá afastada dos centros de altas e baixas presións, quedando nunha zona algo indefinida. Así, agardamos un día de ceos parcialmente cubertos con nubes de tipo medio e alto, aínda que ocasionalmente veremos nubes de evolución que poderían deixar algún chuvasco treboento. Brétemas costeiras en todo o litoral, que serán especialmente persistentes no litoral atlántico.

As temperaturas mínimas non experimentarán cambios significativos mentres que as máximas sufrirán un descenso entre lixeiro e moderado. Os ventos soprarán frouxos de dirección variable, collendo compoñente oeste co avance do día.

Temperatura do aire (°C)MINMAX 17° 21°
Temperatura da auga (°C) 15°
Índice ultravioleta máx. 6
meteogalicia

O noso mar: Vento do sur á mañá, do oeste á tarde e variable á noite, forza 2 a 3 á mañá e á tarde e 1 a 2 á noite. Mar ovellado á mañá e á tarde e mar rizado á noite. Visibilidade regular á mañá e á noite e boa á tarde. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0.5 a 1 metros.

Mareas


Muros
Hora*Altura
Baixamar00:000.6 m
Preamar06:073.5 m
Baixamar12:030.7 m
Preamar18:183.8 m
Vigo
Hora*Altura
Preamar05:583.5 m
Baixamar11:560.7 m
Preamar18:103.7 m
Vilagarcía
Hora*Altura
Preamar06:023.5 m
Baixamar12:010.7 m
Preamar18:153.7 m

Cámaras web da comarca  (algunha pode nun funcionar puntualmente)

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“E veu. Daqueles pos, estas lamas” – Antón Luaces

“E veu. Daqueles pos, estas lamas” – Antón Luaces

O Sur de Europa, todo está no Sur: España foi a primeira, Francia a segunda e Italia a terceira. E todo parte dunhas protestas cidadáns que se xustifican nos baixos salarios laborais, nos altos/altísimos prezos do alugueiros das vivendas e a inseguridade ou...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.