“Está o futuro nas enerxías renovables?”. Antón Luaces

25 Agosto 2022

Disque sí. Se Galicia admite a necesidade de afrontar decididamente a descarbonización (por máis que sexan agora algunas voces as que reclaman a reutilización das instalacións das Pontes con carbón para a xeración de enerxía eléctrica) as enerxías maremotrices, solares ou eólicas -entre outras- marcan un tempo que, ineludiblemente, fala xa de presente e, sobre todo, futuro. O problema radica no cómo a xeneración das enerxías pode afectar a fontes indispensables no social e no económico de cada país e mesmo da Humanidade.

Os galegos, tal vez polo revertimento pouco efectivo na sociedade  dos beneficios que as empresas instaladoras dos sistemas de xeración enerxética perciben, falan máis dos danos que causan os aeroxeradores que coroan a inmensa maioría dos montes desta Comunidade Autónoma, que do rendemento que estes reverten como algo efectivo na súa economia persoal. E xa non digamos da firme oposición dos profesionais da pesca marítima á instalación a 30 quilómetros da costa de, cando menos,tres parques eólicos que afectarán á franxa costeira comprendida entre os concellos de Arteixo (A Coruña) e Burela (Lugo) e zonas de pesca para moitas embarcacións de baixura: cerco, arrastre de litoral, artes varias, etc. existentes nestas áreas.

Máis hai alternativas que se barallan como válidas por non seren contaminantes, Por exemplo, o hidróxeno verde que xera a enercxía renovable baixa en emisión, que se acada coa técnica de reformado por vapor de gas natural e que representa o 95% do mercado comercial actual. Un proceso de electrólise impulsada por enerxías como a e

Ólica ou a solar, é a base para producir ese hidróxeno verde. A electrólise é consecuencia da utilización dunha corrente eléctrica para descomponer mediante electrodos a molécula da auga  en osíxeno e hidróxeno. Os defensores deste sistema de enerxía conidan que se trata dunha alternativa válida para reducir as emisión; por tanto, non negativa para o medio ambiente debido a qwue non xera emisión de dióxido de carbono nen de ninguna outra substancia contaminante e só vapor de auga e electricidade. España figura entre os países europeos que lideran o proxecto de utilización do hidróxeno verde.

En Galicia, e máis concretamente no Porto Exterior de Punta Langosteira (Arteixo) producíuse esta semana a primeira proba-demostración do uso nun autobús de servizo portuario e ven ser o primeiro municipio galego que conta cunha hidrolinera (unha das primeiras a nivel nacional).

Grazas a esta hidrolinera está en marcha a experiencia piloto dun autobús propulsado por hidróxeno renovable, que parte de “A Coruña Green Port”. Os traxectos de probas con pasaxeiros comezaron o pasado martes na liña 1 de autobuses da Coruña -a que cubre o traxecto Castrillón-Hospital Abente y Lago- experiencia pioneira nos portos galegos que permite dar un novo paso avante no xa citado proxecto Green Port que centra a estratexia do porto da Coruña no ámbito das novas enerxías e da descarbonización da industria. Unha das `rincipais liñas mo plan de transición enerxética do porto coruñés: a cadea de valor do hidróxeno verde, tanto no eido industrial como no da mobilidade.

Outros artigos

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

Soy un ciudadano de a pie, que no entiendo el organigrama gubernativo. Cierto que me siento con el derecho de considerar que los que ostentan algún tipo de cargos deberían tener los estudios oportunos, y no simplemente facilidad para comunicarse entre ellos y para...

+

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

Hay amores que mueven montañas y otros que, a juzgar por lo visto en Fuenlabrada, aspiran a mover algo más delicado: la opinión pública. Pedro Sánchez y Begoña Gómez se besan, bailan y se dedican un “Que lo escuchen, te quiero” ante los asistentes a un mitin del PSOE....

+

“La protesta de los estudiantes franceses”. José Castro López

Francia convive cada cierto tiempo con pequeñas revoluciones o estallidos sociales que,aunque comparten escenarios, responden a causas diferentes. Recuerden la revoluciónde Mayo 68 de la que Daniel Cohn-Bendit, uno de sus líderes, dice que entonces losjóvenes eran...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

Foto de Javi Bermúdez na Sala Real Acababa de chover e Javi empuxoume con firmesa coas dúas mans para poñerme debaixo dunha pingueira. Unha pinga conxelada caeu serteira no meu lombo pasando áxil a rentes da caluga e da camiseta, sen tocalas. “Agora xa sabes o que se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.