En Ribeira nenos e nenas desfrutaron na Porta do Sol da primeira das actividades infantís das Festas do Verán

03 Agosto 2022

Co lanzamento de 21 bombas de palenque ás dez da mañá deron comezo oficialmente as Festas de Verán de Ribeira, que neste mes de agosto de 2022 volven traer unha proposta de actividades tan completa como antes da pandemia.
Dianas e alboradas a cargo do grupo de gaitas O Rueiro de Palmeira están a animar as rúas da cidade, en tanto que ao mediodía tivo lugar un espectáculo musical infantil e familiar que cativou aos numerosos
nenos e nenas que se deron cita na praza da Porta do Sol: tratouse da función “Extra!” do artista Paco Nogueiras.
Ás nove e media da noite está previsto que se inaugure na praza do Concello a escultura do fillo predilecto de Ribeira Manuel Ayaso, en tanto que ás dez da noite terá lugar o pregón do xornalista Antonio Rodríguez Naranjo dende o balcón consistorial.
El Combo Dominicano ofrecerá unha verbena no Malecón a partir das once da noite.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...