“Do tabaco á droga” – José Manuel Pena

29 Agosto 2022

Algúns analistas mesmo se atreven a comentar que non se debería seguir indagando nin lembrando sobre algo que aconteceu no pasado para non danar ou seguir criminalizando aos fillos e netos deses “narcotraficantes”, algúns dos cales xa cumpriron as súas condenas con penas de prisión. Entón, algúns nos preguntamos se teriamos que prescindir dos libros de historia ou tamén non lembrar o holocausto nazi, nin a ditadura franquista, entre outros acontecementos, porque danan e molestan a algúns dos seus familiares, seguidores, nostálxicos ou cómplices.

Xa está ben de tanta hipocrisía. Quen lle cura a dor a todas esas familias que perderon a algún dos seus membros por culpa da droga?. O peor de todo e a realidade é que o narcotráfico segue activo en Galicia e que algúns señores da droga e os capos do narcotráfico seguen facendo gala da ostentación e a impunidade. Para eles todo vale con tal de vivir no luxo e a abundancia, sen dar un pau á auga e co mínimo esforzo, mentres seguen tecendo a arañeira da mafia e a corrupción, a todos os niveis.

Foron moitos anos mirando para outro lado, mentres algúns membros de forzas de seguridade do estado, responsables políticos, certas empresas utilizadas como “tapadeiras”, entidades recreativas, culturais e deportivas beneficiándose do diñeiro doado por estes capos e moitos veciños en xeral que, voluntariamente e de maneira consciente, aproveitaban algunha que outra descarga e traballo puntual para sacarse algún diñeiro extra. Todos fomos responsables – uns por acción e outros por omisión – de que a mafia do narcotráfico seguise asentada en Galicia.

Outros artigos

“Vivos y muertos”. Mario Clavell

Los forenses han identificado las últimas víctimas de Urda, Toledo. La señora muerte guadaña pilló impensadamente el pasado 28 de octubre a sesenta y nueve de los nuestros. Me ha electrizado admirar la variedad de  personalidades.   En noviembre se...

+

“Xuíces e autos xudiciais” – José Manuel Pena

Hai bos xuíces, profesionais e valentes que cumpren coas súas obrigas. Un deles, sen dúbida, é Borja Pérez, titular do Xulgado Número 2 de Ribeira. Dita un auto xudicial polo cal suspende o lanzamento dunha familia vulnerable de Ribeira, en aplicación do novo RDL...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El papel de la mujer en Marruecos”. José Castro López

“El papel de la mujer en Marruecos”. José Castro López

Traigo a este comentario un hecho político que invita a mirar a Marruecos desde laperspectiva del papel de la mujer en una sociedad de profundas tradiciones y arraigadascostumbres machistas bajo una “democracia controlada”, como muchos la califican.En Marruecos ganó...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.