Convocada unha praza de oficial de Policía Local para Ribeira

18 Agosto 2022

A Xunta de Galicia convocou 21 prazas para oficial da Policía Local, unha delas correspondente a Ribeira. De todas elas 17 son de promoción interna e catro de mobilidade. Unha vez superado o proceso de selección, os aspirantes admitidos formarán parte da promoción de mandos que se formará na Academia Galega de Seguridade Pública (Agasp).
O prazo para inscribirse nesta convocatoria comezará despois de que o anuncio se publíque no Boletín Oficial do Estado (BOE) e permanecerá aberta durante 20 días hábiles na sede electrónica da Xunta.

Entre os requisitos necesarios inclúense criterios como contar con categoría de oficial en outros corpos da Policía Local de Galicia, estar en servizo activo ou ter un mínimo de tres anos no corpo. Tamén se valorará levar tres anos continuados no destino actual e non atoparse na segunda actividade.

Outros artigos

Xoves 24, ceo despexado e temperaturas en ascenso

O xoves, Galicia estará baixo influencia anticiclónica, o que traerá unha xornada de transición meteorolóxica. Pola mañá, néboas e nubes baixas cubrirán o ceo, pero darán paso a ceos despexados en xeral. Pola tarde, poderán formarse nubes de evolución no interior, sen...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Ruido de fondo, de Alfredo Conde”. Alberto Barciela

“Ruido de fondo, de Alfredo Conde”. Alberto Barciela

“No empiecen a leer si creen que estas líneas son las del comienzo de una historia. Este no es el comienzo de tal cosa. Tampoco lo es de unas memorias. Ni siquiera es una evocación. Estas líneas tratan tan solo de una brisa que pasa. Las brisas pasan. Se suceden unas...