COGAMI fai un chamamento a denunciar aqueles campamentos de verán que exclúan a menores con discapacidade

01 Agosto 2022

A confederación COGAMI que preside Anxo Queiruga (Porto do Son) vén de lanzar un comunicado no que convida á cidadanía a denunciar aqueles campamentos que exclúan a menores con discapacidade. Esta proclama ten a súa orixe nas repetidas queixas chegadas á confederación de familias ás que se lles impide conciliar durante os veráns por non seren accesíbeis os campamentos.

“Por desgraza”, explica COGAMI, “non todos estes menores teñen o dereito garantido9 de participar nestas actividades porque non poden acceder a instalacións ou participar en accións conxuntas pola súa discapacidade ou polas súas necesidades”.

Dende COGAMI queremos lembran tanto a organismos públicos como privados “que os campamentos urbanos e/ou de conciliación que se poñan en marcha deben ser inclusivos para todas as persoas, sen excluír a ninguén por razón de discapacidade e que, polo tanto, deben ser deseñados e dotados dos recursos precisos para acoller a menores con discapacidade”.

E engaden: “Cando as familias de menores con discapacidade vexan vulnerados os seus dereitos lexítimos para participar en igualdade de condicións, tanto en campamentos como noutras actividades extraescolares promovidas por institucións públicas, dende COGAMI instámolas a que reclamen e denuncien estas situacións ante organismos pertinentes. Lembramos que os poderes públicos teñen a obriga de respectar os dereitos, protexer ás persoas e promover as medidas precisas para dar efectividade a dito dereito”.

A confederación recorda que “vén sendo habitual que durante os veráns a área Xurídica de COGAMI recolla queixas e reclamacións de familias que viron menoscabados os dereitos das fillas/ fillos tras seren expulsados de campamentos urbanos municipais, programas concilia, ludotecas, escolas de verán e outro tipo de actividades de lecer ou deportivas. A estas/es menores fáiselles pasar por situacións de discriminación ao denegarlles a oportunidade de inscrición en actividades argumentando que é por falta de persoal de apoio especializado”.

Outras das queixas que chegaron a COGAMI xeráronse coa volta da organización de festivais. Ata a área Xurídica chegaron reclamacións de persoas con discapacidade denunciando festivais que “non tiveron en conta a perspectiva da discapacidade durante a organización, ocasionando restricións de acceso e impedindo que se garanta a participación en igualdade de oportunidades neste tipo de eventos”.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...