Centos de persoas manifestaronse esta mañá en Palmeira pola atención médica presencial

21 Agosto 2022

Baixo o lema “Palmeira non se lle minte. Médico Xa”, varios centos de persoas percorreron as rúas da vila convocados pola “Plataforma de Veciñas de Palmeira” que insiste na necesidade de contar con médico permanente no Centro de Saúde, dado que a parroquia ten unha poboación de idade moi elevada que non pode trasladarse o de Ribeira o que obriga os familiares a solicitar permisos no traballo. A isto tampouco axudan os pequenos autobuses das liñas xa que non facilitan o acceso ás persoas maiores.

A manifestación arrincou este domingo 21 desde a Lagüiña e recorreu as principais rúas da vila para rematar diante do Centro De Saúde. Durante o recorrido os manifestantes berraron ” Non, non, non, á privatización» ou «non, non, non, Palmeira non se pecha» foron algunhas das consígnas que corearon os asistentes.

Á indignación reinante polas carencias en canto a asistencia sanitaria na parroquia desde que o médico está de baixa, sumouse a provocada pola ausencia de axentes da Policía Local ou de Tráfico que regulasen a circulación.

O final do percorrido leeuse o seguinte Manifesto:

Bos días palmeiráns e palmeiranas, bos días veciñas e veciños das parroquias irmás que nos estades acompañando.

E como non, bos días aos nosos e nosas palmeiráns de adopción, que queren a Palmeira como á súa terra.

O pobo de Palmeira leva maís de dous meses reivindicando con accións e protestas, a actual situación que nos acontece, e vendo que neste momento vólvese insostible, lévanos a convocar esta manifestación.
No noso centro de saúde infórmannos que do día 15 ao 31 de Agosto, os días de atención médica
presencial serán soamente 3, sempre que as condicións de última hora, tal e como ven pasando nos últimos meses por falta de médico, leve consigo a anulación das citas concertadas.
Tamén vos informamos, que pola nosa parte, tivemos reunións ca alcaldía e asistencia no Parlamento de Galiza, sendo todas elas infrutuosas, xa que claramente preténdese o desmantelamento da Sanidade Pública.

O pobo de Palmeira séntese só ante esta grave situación, por parte das institucións que
neste momento nos gobernan.
Sentímonos abandonadas, engañadas con tanta mentira e manipulación por parte do noso
Concello, e con esto, queremos reivindicar una asistencia médica presencial a xornada completa.

Como é de todas e todos sabido, temos antecedentes dos centros sanitarios que pecharon
en Taragoña e Cabo de Cruz.
Estas parroquias deben trasladarse a varios km. para ter asistencia sanitaria, este é o fin que
pretenden, que nós nos despracemos ao Centro de Saude de Ribeira.
E por isto que imos continuar ca loita, NON NOS VAN CALAR, NON NOS VAN PARA, A
PALMEIRA NON SE LLE MENTE, FORZA PALMEIRA
.

Agora queremos agradecer a asistencia e apoio da PLATAFORMA EN DEFENSA DA SANIDADE
PÚBLICA DA BARBANZA, ás ASOCIACIÓNS que nos apoian nesta loita, e en especial aos
veciños e veciñas que colaboraron ca organización desta manifestación e por último e como
non dos PARTIDOS PÓLITICOS, que sin invitacións, están presentes.
GRAZAS

A nova convocatoria, a anterior tivo lugar o pasado 7 de xullo, producese polo que consideran incumprimento na falla de médico no Centro de Saúde de Palmeira, o estar este de baixa. Actualmente e pese ás promesas feitas, o Centro somente ten médico presencial unha vez á semana de tal xeito que están programos este mes as citas para este 23 e o 29 de agosto.

Pola súa banda o BNG apoiou as demandas da veciñanza e reclama a cobertura sanitaria en Palmeira.

A deputada Rosana Pérez, o portavoz do BNG en Ribeira, Luís Pérez, xunto con outros militantes nacionalistas, estiveron coa veciñanza nunha mobilización histórica para Palmeira.

Desde o Bloque denuncian que o centro de Palmeira empeorou aínda máis a súa situación neste mes de agosto ao apenas ter médico uns cantos días. Segundo a formación, isto provoca prexuízos aos doentes ao teren que desprazarse ao centro de saúde de Ribeira en autobús, taxi ou con algunha persoa que os leve. Ademais, supón unha sobrecarga de traballo que soborda a capacidade dos xa escasos profesionais que hai no centro ribeirense.

O voceiro do BNG, Luís Pérez, criticou que o Goberno local estea desaparecido e calado ante un problema tan grave que lle afecta á poboación, “está claro que lle mentiron á poboación cando dixeron que solucionarían a falta de médico e agora seguen de brazos cruzados”. Pérez Barral cre que esta actitude do alcalde de Ribeira mostra que “defende os intereses d PP por riba do ben común da veciñanza de Palmeira e Ribeira”.

Ante toda esta situación o BNG vai seguir traballando arreo, xunto coa veciñanza, ata conseguir que haxa nos centros sanitarios o persoal sanitario e os medios suficientes que garantan unha atención médica de calidade.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Votar e rebotar”. Xulio Xiz

“Votar e rebotar”. Xulio Xiz

Na Administración hai informes preceptivos, que compre solicitar para completar determinados procedementos. E estes poden ser vinculantes ou non, segundo haxa que facerlles caso, ou a resolución pode disentir deles. Desde o concello de Lugo chaman a votar sobre o nome...

“El Fiscal y la corrupción”. José Castro López

“El Fiscal y la corrupción”. José Castro López

José Castro LópezLa semana pasada “enriquecí” mi carpeta de noticias raras y curiosas incorporando unanueva que, si me la cuentan y no la veo publicada en medios serios, no la hubieracreído: “El Fiscal General del Estado y el ministro presidente de la Comisión Federal...