Cambios no Entrebateas: Hamlet substitúe a Heredeiros da Crus

29 Agosto 2022

A banda da nosa comarca Heredeiros da Crus viuse na obriga da cancelar algunhas das súas actuacións por motivos de saúde dun dos seus integrantes, entre elas a prevista para o 2 de setembro no festival Entrebateas da Pobra do Caramiñal. O Concello e a organización expresaron o seu desexo “dunha pronta recuperación” e “que en pouco tempo volvan subir aos escenarios para o desfrute do público”.

Hamlet é a banda elixida como alternativa para cabeza de cartel no venres 2; sumándose tamén os concertos de Rebeliom do Inframundo, Agoraphobia e YOUCANTHIDE. A xornada seguinte, sábado 3, estará protagonizada por Soziedad Alkoholika, Golpe Radikal, Stoned At Pompeii e Hybrid Park.

Habilítase a opción da devolución da entrada do día 2 a través do enderezo electrónico contacto@entrebateas.com, indicando o nome que sae no tícket. O prazo remata no xoves 1.

Organización e Concello lembran que aínda quedan entradas dispoñíbeis que se poden adquirir na páxina web www.entrebateas.com. O bono para a totalidade do festival ten un prezo final de 30’54 euros, mentres que para cada un dos días se establece nos 20’36 euros.

Organizan a Concellaría da Cultura, da cal é titular a edil Patricia Lojo (PSdeG-PSOE), e a asociación cultural Xente ás Leiras, coa colaboración doutras entidades.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...