“Apoio económico ás empresas pesqueiras”. Antón Luaces

02 Agosto 2022

Non vai de farol, polo que se pode deducir: o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación concederá unha axuda directa complementaria a empresas armadoras de buques pesqueiros. Deste xeito, o Goberno mantén en pé o seu compromiso de apoio á actividade das empresas pesqueiras fronte ás dificultades derivadas da invasión rusa de Ucraína.

O novo marco temporal de axudas de Estado establecidas pola Comisión Europea permite complementar a axuda directa que xa percibirán determinados armadores, cunha contía adicional de ata 40.000 euros por beneficiario. Esta axuda chega nun momento no que as distintas frotas pesqueiras españolas poñen riba da mesa a posibilidade de convocar unha folga en todos os portos da península e as illas.

O Real decreto-lei que contén a información sobre como se van complementar as axudas de Estado citadas recóllese no Boletín Oficial do Estado (BOE) deste martes. Refírese ás medidas de sostibilidade económica no ámbito do transporte, en materia de axudas ao estudo, así como de medidas de aforro, eficiencia enerxética e de redución de dependencia enerxética do gas natural- Serán beneficiarias destas axudas  aquelas empresas  que xa o foran destas, pero cuxo  límite de 35.000 euros estabelecido no marco temporal de axudas á crise no momento da concesión impedira que cobraran o importe máximo asignado a cada buque, por contar con varios buques en cada unha delas.

A comunicación do 21 de xullo da Comisión Europea sobre o marco temporal de axudas de crise, permite incrementar o importe máximo a percibir por empresa ata os 75.000 euros.

Deste xeito, o ministerio aboará de oficio un importe de ata 40.000 euros que será complementario ao importe que corresponderá  neste esceario ata acadar o novo máximo estabelecido.

Outros artigos

“Vivos y muertos”. Mario Clavell

Los forenses han identificado las últimas víctimas de Urda, Toledo. La señora muerte guadaña pilló impensadamente el pasado 28 de octubre a sesenta y nueve de los nuestros. Me ha electrizado admirar la variedad de  personalidades.   En noviembre se...

+

“Xuíces e autos xudiciais” – José Manuel Pena

Hai bos xuíces, profesionais e valentes que cumpren coas súas obrigas. Un deles, sen dúbida, é Borja Pérez, titular do Xulgado Número 2 de Ribeira. Dita un auto xudicial polo cal suspende o lanzamento dunha familia vulnerable de Ribeira, en aplicación do novo RDL...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El papel de la mujer en Marruecos”. José Castro López

“El papel de la mujer en Marruecos”. José Castro López

Traigo a este comentario un hecho político que invita a mirar a Marruecos desde laperspectiva del papel de la mujer en una sociedad de profundas tradiciones y arraigadascostumbres machistas bajo una “democracia controlada”, como muchos la califican.En Marruecos ganó...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.