Antonio Pérez no Centro Lustres Rivas con 50 obras na mostra ” Ribeira: mulleres e peixes”

06 Agosto 2022

O pintor ribeirense Antonio Pérez exhibe no Centro Cultural Lustres Rivas cincuenta das súas creacións a través da exposición “Ribeira: mulleres, homes e peixes”: mostra formada por cincuenta cadros de temática mariñeira que foi inaugurada na noite de onte nun acto presidido pola concelleira de Cultura, María Sampedro, e que contou tamén coas intervencións do escritor Antonio Piñeiro e o propio autor.
Durante a súa intervención, Pérez explicou que a preparación desta exposición foi longa… “en realidade toda a vida, pois todo canto fago vai dar ao mesmo sitio: aos recordos e experiencias que tiven nos
cinco anos que pasei traballando no mar”. Tamén agradeceu a colaboración do Concello, ao que, anunciou, vai doar unha das súas obras máis importantes:”Rapeteiros na Secada”.
María Sampedro manifestou que calquera veciño de Ribeira sentirase identificado con moitos dos cadros expostos e tivo palabras de eloxio, non só aos homes, senón tamén as mulleres, que tiveron un papel
moi importante na vida mariñeira da cidade. Agradeceu a doazón da obra e significou o compromiso do Concello cos compromisos locais como se ten reflectivo esta semana con esta inauguración ou tamén
co descubrimento na praza consistorial da escultura de Manuel Ayaso feita por Jontxu Argibay.
Antonio Piñeiro manifestou que a través das obras da mostra Antonio Pérez estivo “pintando a alma de Ribeira (…) unha suma do que é ser un ribeirán: o traballo, o tesón, a paciencia, abnegación, o esforzo, o
impulso, a teimosía e incluso o lirismo da xente”.
Catálogo
Entre os presentes tamén estaban Emilio Sanmamed, Pastor Rodríguez e Unai González, que xunto con Antonio Piñeiro aportaron textos ao catálogo da exposición: un coidado volume que foi repartido
entre o todo o público asistente.

“Ribeira: mulleres, homes e peixes”, pódese contemplar ata o 3 de setembro, de 10 a 14 e de 19 a 21 horas, e os sábados de 11 a 14 horas. A entrada é gratuíta.

Outros artigos

Conferencia de Rosario Sarmiento no Museo do Gravado de Artes

O 1 de abril comezaba da man da Real Academia de Belas Artes coa conmemoración do Día das Artes Galegas que neste ano homenaxea a Isaac Díaz Pardo. En Ribeira, como non podía ser menos, imos ter unha especial presenza de accións ao redor da vida e obra do intelectual,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Portas xiratorias, interese público”. José Luís Calo

“Portas xiratorias, interese público”. José Luís Calo

España ten moito que mellorar na loita contra a corrupción. O Grupo de Estadoscontra a Corrupción do Consello de Europa (GRECO) publicou dous informes deseguimento que avalían o cumprimento por parte de España das súasrecomendacións para previr a corrupción. O “GRECO”...