Adxudicadas as obras de acondicionamento da drenaxe nas vías dos pasos inferiores da autovía do Barbanza, no concello de Dodro

26 Agosto 2022

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade adxudicou as obras para o acondicionamento da drenaxe nas vías dos pasos inferiores da autovía do Barbanza, no concello de Dodro.

O contrato foi adxudicado á empresa Nemesio Ordoñez, por un importe de máis de 22.000 euros. As obras iniciaranse nas vindeiras semanas.

Trátase dunha actuación para mellorar a drenaxe nos dous pasos inferiores que se atopan nos puntos quilométricos 0+640 e 1+280 da autovía AG-11.

Esta actuación céntrase na execución dunha nova rede de pluviais para a recollida das augas, e nos traballos inclúense a substitución da reixa existente e a colocación dunha nova, formada por unha canle de formigón e unha reixa antiescorregadiza, conectada a un colector de augas pluviais en tubaxe, que conducirá as augas recollidas ata a rede de drenaxe existente na zona adxacente aos pasos inferiores.

Para a execución das conducións realizarase unha gabia de 0,5 metros de ancho por unha profundidade variable entre 0,5 e 0,7 metros.

Nesta obra, inclúese tamén a reparación e regularización do firme no interior dos dous pasos inferiores. Deste modo, evitarase que se acumule a auga no interior dos pasos, ademais de mellorar a circulación dos vehículos.

Ademais, ao firme daráselle pendente cara á canle colocada á saída do paso. Realizarase o fresado duns 4 centímetros de capa de firme existente, regularizarase o firme e estenderase unha capa de rodaxe de mestura bituminosa en quente tipo de 4 centímetros de espesor.

O departamento que dirixe Ethel Vázquez continúa mellorando a rede viaria autonómica e reforzando a seguridade viaria.

Trátase dunha actuación para mellorar a drenaxe nos dous pasos inferiores que se atopan nos puntos quilométricos 0+640 e 1+280 da autovía AG-11

Outros artigos

O BNG esixe á Xunta a urxente mellora do transporte público en Dodro

O BNG lanzou un comunicado no que esixe á Xunta "a mellora urxente do transporte público de Dodro coa ampliación de liñas e máis bonificacións, en especial para a mocidade". A agrupación demanda ao Goberno galego que cumpra os contidos da iniciativa do BNG de Dodro...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Fiscal y la corrupción”. José Castro López

“El Fiscal y la corrupción”. José Castro López

José Castro LópezLa semana pasada “enriquecí” mi carpeta de noticias raras y curiosas incorporando unanueva que, si me la cuentan y no la veo publicada en medios serios, no la hubieracreído: “El Fiscal General del Estado y el ministro presidente de la Comisión Federal...