“A ONU analiza o impacto da pesca de fondo sobre os EMV”. Antón Luaces

05 Agosto 2022

Nunha conferencia celebrada na sede da ONU en Nova Iorq co obxectivo de implementar varias resolucións sobre a pesca sustentable, analisouse o impacto da pesca de fondo sobre a pesca sostible para abordar o impacto deste tipo de pesca de fondo nos ecosistemas mariños vulnerables (EMV) e a sustentabilidade a longo prazo das poboacións de peixes de augas profundas.

A frota defendeu os avances acadados na protección dos ecosistemas mariños vulnerables por parte das Organizazcións Rexionais de Pesca (ORP) “en todos os océanos”, na reunión na que estiveron presentes, entre outros, Javier Garat (secretario xeral de CEPESCA e presidente de Europêche e ICFA) e Iván López (presidente de EBFA e membro de IFCA). Os representantes do sector puxeron en valor os criterios das ORP para a detección e delimitación das devanditas áreas, analisando a pegada  do arrastre e cartografiando os fondos para fechar a pesca nos espazos estritamente necesarios, mentres que no conxunto da área se permite “a pesca exploratoria” sempre e cando a ciencia garanta a non presenza de ecosistemas mariños vulnerables.

Avanzar na proteción dos océanos é un obxectivo que asume o sector, especialmente en alta mar, para o que formularon  a necesidade de cartografiar de xeito completo os océanos a través da mediación de todas as partes interesadas. Garat e López concordan en que en novos desenvolvementos tecnolóxicos en cartografía e navegación “se permitirán vedas de alta precisión e un maior control da actividade”, o que permitiría á súa vez “un esquema de peches máis sensato” en liña co obxectivo de garantir a “coexistencia” entre protección e producción.

Lembrou o sector que o peche dunha área de pesca ten efectos colaterais como a desviación do esforzo pesqueiro e o seu conseguinte impacto ou a presión sobre outros caladoiros ou sobre as importacións. Por este motivo  defenden contar con máis información científica e aplicar unha estratexia “racional” á hora ded determinar figuras de protección.

Para a frota é necesario equilibrar os tratados e obxectivos internacionais de protección do medio ambiente  na producción sostida de proteínas mariñas saudables  e de baixo impacto. Volveu lembrar o sector  neste senso que é necesario incluir o alcance real da pegada da pesca, moi inferior ao da producción doutro tipo de proteínas en terra.

Para a delegación española o futuro sostible dos océanos tamén pasa ,por eliminar a “polarización que actualmente existe entre os diferentes actores que interveñen neste entorno”. Iván López reclamou a necesidade de romper os estereotipos e “caricaturas” que sobre o sector manifestan as ONG, postura que “só conduce a obxectivos tamén irreais, coma no caso do arrastre, á desaparición deste arte sen considerar ningún outro aspecto clmo o seu impacto nas comunidades costeiras que dependen da pesca e na subministración de proteínas nutritivas saudables e sustentables.

Outros artigos

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

+

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

+

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

La pregunta me cayó como un jarro de agua fría. ¿Mamá tú también te vas a morir? El abuelito, para él era dios, era todo, era su mejor juguete, le adoraba, pero un día el abuelo marchó, ya nunca más jugarían juntos. La pérdida era dolorosa, y si perdiese a su mama,...

+

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

Hei confesar -e confeso- que o canto do grupo galego Tanxugueiras ten para min, que gozo coas boas voces no eido musical, un atractivo moi especial. Particularmente a canción titulada "Pasaba por aquí", interpretada en castelán, que non é propia delas senón de Luis...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.