Unha exposición sobre a historia mariñeira da Pobra, broche final da Semana do Mar

14 Xullo 2022

A inauguración da mostra A vila pobrense, as súas xentes e… o mar será o colofón á programación da Semana do Mar, unha iniciativa impulsada pola Concellaría do Turismo, da cal é titular a edil Charo Varela (Nós Pobra), que pretende enxalzar a relación da localidade co eido marítimo dende diversos ámbitos.

A exposición abrirá ao público no día 15, ás 21.00 horas, na Casa Mariñeira. Poderá visitarse ata finais de mes no horario habitual da oficina do turismo.

Esta exhibición está composta por máis dun cento de fotografías, tanto antigas coma contemporáneas, aportadas pola veciñanza e que poñen en valor a importancia do mar a nivel social, económico, cultural e mesmo xeográfico.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.