Os Concertos da Fin do Mundo comezan este venres en Corrubedo

26 Xullo 2022

Ferrol acolleu este martes 26 de xullo a presentación da segunda edición dos Concertos da Fin do Mundo. A axenda foi dada a coñecer pola directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, xunto á delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros; o presidente da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao, Francisco Barea Paz e a representante da Fundación La Caixa en Galicia, María Jesús García.

A directora de Turismo de Galicia avanzou que nesta edición o ciclo duplica o número de concertos a celebrar en catro localizacións diferentes que teñen como referente próximo un faro da costa galega ou espazo de beleza singular.

O programa de Concertos da Fin do Mundo, iniciarase o día 29 de xullo no faro de Corrubedo, en Ribeira, que acollerá a actuación de DJ Mil, Teresa Salgueiro e Carolina Rubirosa, ese mesmo día, e o día 30, as de DJ Galician Army, Pasion Vega e Nastasia Zürcher. Xa en agosto, os Concertos da Fin do Mundo trasladaranse á contorna do Faro de Cabo Silleiro, os días 12 e 13 de agosto, onde actuarán DJ Mil, Elíades Ochoa e Luis Fercán, o día 12; e DJ Galician Army, La Bien Querida e Wöyza.

Na presentación fíxose saber tamén que o Faro Punta da Barca, en Muxía, será escenario tamén os días 2 e 3 de setembro das actuacións de DJ Mil, de Vacas e a Banda da Loba, o día 2, e DJ Galician Army, Susana Seivane e Andrés Balado, o día 3. Por último, as noites do 9 ao 10 de setembro, terá lugar a actuación de DJ Galician Army, Aurea e Xoana, o día 9; e DJ Russinha, Carminho e Antía Muíño; o día 10.

Nava Castro engadiu que os Concertos na Fin do Mundo “manteñen a súa vocación de ciclo musical incluído este ano na programación dos www.concertosdoxacobeo.gal, un acontecemento no que xa participaron máis de 500.000 persoas e que entre os meses de maio e novembro trae a Galicia máis de 350 artistas que participaran en máis de 100 concertos e festivais en máis de 50 localidades galegas distintas”.

Outros artigos

A enseada da Pobra dará a saída á Liga de Cruceiros Ría de Arousa

A unión entre os clubs máis representativos na escena cruceirista de Arousa vai facer posíbel que un ano máis se celebre a clásica regata invernal na ría. Os clubs Arousa Norte (A Pobra ), Ribeira, Rianxo e o centenario Real Club de Regatas de Galicia (Vilagarcía)...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“De cuentos y cuentistas”. José Antonio Constenla

“De cuentos y cuentistas”. José Antonio Constenla

La vicepresidenta primera del Gobierno y ministra de Hacienda, María JesúsMontero, ha justificado la intervención de Moncloa en el relevo del presidentede la empresa Telefónica, en que “tocaba el proceso de renovación” y por quées muy importante que España cuente con...

“Aprende del ejemplo” – Manuel Domínguez

“Aprende del ejemplo” – Manuel Domínguez

Una Goleta, con tres palos, Trinquete, Mayor y Mesana, cada palo aguanta su vela. Así funciona y así navega, un palo no aguanta la vela que no le corresponde, cada quien aguanta la suya. Así pues, no es eficaz, que una persona transporte los problemas de otra, podrás...